Cambios no Opus Dei de Galicia

Isidro Fontenla Armadá será o novo vicario desta prelatura conservadora da Igrexa Católica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/09/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Isidro Fontela Armadá será o cabeza visible do Opus Dei en Galicia. Unha decisión que se produce tras ser nomeado vicario da Delegación da Obra en Galicia.

Fontenla Armadá foi elixido para o cargo prelado do Opus Dei, Monseño Fernando Ocáriz, en substitución de Ángel Lasheras Presas, que foi designado “director espiritual” en Galicia, cargo que ocupaba, anteriormente, o propio Fontenla Armadá.

O novo líder do Opus en Galicia naceu en Ferrol en 1956. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, pertenceu ós corpos de Profesores Numerarios de Escolas de Mestría Industrial e de Profesores Agregados de Bacharelato.

Doctorouse en Teoloxía en Roma pola Universidade Pontificia da Santa Cruz. Nesta cidade recibiu en 2011 a ordenación sacerdotal.

Isidro Fontenla, novo vicario do Opus Dei en Galicia
Isidro Fontenla, novo vicario do Opus Dei en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta