Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 18:43
O colectivo '19 de Meirás' reclama "celeridade" e "contundencia" ao Goberno na recuperación para o público do Pazo de Meirás, a Casa Cornide ou as estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria, todos eles bens en mans da familia do ditador Francisco Franco.
"En Galicia queda moito por exhumar dos restos do franquismo", asegurou o portavoz do colectivo e candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego, que expresa a súa satisfacción pola saída dos restos do ditador do Val dos Caídos "aínda que sexa con 40 anos de atraso".
O grupo de investigados por unha acción reivindicativa no Pazo de Meirás solicita ao Goberno central que actúe con "celeridade" e "contundencia" para recuperar o complexo situado en Sada (A Coruña), así como a Casa Cornide e as estatuas de Abraham e Isaac.
"O 5 de novembro está previsto o xuízo contra nove persoas denunciadas pola familia Franco por reclamar a devolución da Casa Cornide, mentres que os '19 de Meirás' seguimos pendentes e á espera de xuízo", sinala Rego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.