Por X.M. Fernández | Allariz | 28/10/2019 | Actualizada ás 09:20
Meigas, ánimas, trasgos e seres do máis alá protagonizarán o 'Allariz de Medo' que terá lugar entre o 31 de outubro e o 3 de novembro e estará centrado na animación e ambientación das rúas do casco histórico.
As rúas de Allariz servirán de escenario, a noite do 31 de outubro a partir das 20:30 h, para a procesión de ánimas teatralizada por Silvardeiras Teatro de Allariz. A 'performance' comezará na Praza Maior e rematará na Praza de Abaixo, coa celebración dun ritual celta apto para todos os públicos.
A cultura galega estará presente na ambientación das rúas do casco histórico de Allariz que se converterá nunha pasaxe de medo durante os catro días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.