A Xunta ordena ás empresas que xestionan os comedores que cambien de proveedor

Feijóo di que Política Sociail "tutela" a situación e non descarta novas medidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu que o Executivo autonómico "tutela e segue" todo o que sucede en relación ás intoxicacións rexistradas en varias escolas infantís da comunidade e indicou que se lle ordenou a empresa que xestiona os comedores que cambie de provedores de inmediato. "Iso sen descartar novas medidas", dixo.

"Desde que empezaron as dificultades (intoxicacións), nunca houbo ningunha grave, pero son cuestións que non podemos admitir. Duren 25 ou 35 minutos, non pode haber reaccións alérxicas (nos nenos). Non é admisible", recoñeceu Feijóo, tras o Consello da Xunta.

Nesta conxuntura, lembrou que, como se fixo público na pasada xornada, "as empresas que se dedican a isto e que, nalgún caso levaban oito anos sen incidencias, terán que cambiar de provedores". Ademais, remarcou que o caso está en seguimento e que a obrigación notificada pola Xunta de cambiar de provedores adóptase "con independencia de que se poidan tomar novas decisións" en función dos resultados da investigación e das análises que se están realizando.

Finalmente, o presidente volveu a subliñar que "non hai risco para a saúde" dos nenos, pero concluíu que, á marxe diso, non é admisible que se produzan reaccións alérxicas nas gardarías.

Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo
Comedor escolar. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta