Galicia rexistra ondas de 5,5 metros de altura en Estaca de Bares

A xornada é de alerta laranxa no litoral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou ondas de 5,5 metros de altura no que vai de domingo na zona de Estaca de Bares nunha xornada na que se activou o aviso laranxa por temporal no litoral.

Segundo os rexistros de aboias de Portos do Estado ata as 16,30 hroas, recollidos por Europa Press, entre os datos significativos de altura de ondas inclúense tamén os 5,16 metros alcanzados en Cabo Vilán-Sisargas e os 4,58 metros na Coruña.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste domingo nas provincias da Coruña e Lugo. Este fenómeno adverso afecta ao litoral norte de Galicia xa desde a mañá da xornada e deixará mar combinado con ondas de cinco a seis metros.

Ademais, o resto da costa da Comunidade está en nivel amarelo con mar combinado con ondas de catro a cinco metros. Así mesmo, no noroeste da Coruña de esperan ventos do oeste de forza sete.

Temporal marítim
Temporal marítim | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta