Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 18:43
A Xunta investirá 3 millóns de euros ata 2023 na mellora da calidade xenética de gando frisón a través do control do rendemento leiteiro.
O Consello da Xunta avaliou este xoves o novo convenio de colaboración que asinará a Consellería de Medio Rural co Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para a realización de probas para determinar o rendemento leiteiro.
Para esta nova colaboración increméntase un 12,78% o seu orzamento con respecto ao anterior convenio do período entre 2016 e 2019, a razón de 750.000 euros anuais.
O Goberno galego destaca que o control leiteiro oficial ten unha influencia clara e directa no porvir do sector lácteo galego, como base da mellora xenética nos esquemas de selección e na sustentabilidade e rendibilidade económica das propias explotacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.