Convocan unha concentración en Viveiro para denunciar unha presunta agresión homófoba
Un home di que foi agredido por tres menores pola súa condición homosexual. A falta da declaración dos presuntos agresores, a Policía Nacional entende que non hai datos obxectivos que permitan falar dun delito de odio.