La Voz de Galicia aposta por publicitar a política sanitaria de Feijóo

Leva a súa portada dixital unha entrevista co xefe de xinecoloxía do CHUO defendendo o peche do paritorio de Verin e outra sobre as novas unidades do Chuac, cando miles de persoas saíron á rúa na localidade ourensá este sábado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/12/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Unha gran reportaxe sobre “A sanidade que traerá o Novo Chuac” e unha longa entrevista con José Luis Doval, xefe de Xinecoloxía do CHUO, defendendo o peche do paritorio de Verin,  na portada da edición dixital de La Voz marcan a estratexia deste medio de comunicación en defensa da privatización da sanidade pública do goberno de Feijóo. Unha relación co PP cimentada nos millóns de euros de subvencións públicas que recibe este medio anualmente e que poderían servir para mellorar, precisamente, a sanidade ou a educación.

De feito, a publicación destas dúas noticias en portada, contrasta co escaso eco que están tendo as protestas continuas e numerosas dos profesionais da sanidade --médicas, enfermeiras, celadoras, atención primaria, centros de saúde--, e tamén dos cidadáns galegos, en contra da privatización da sanidade, a última delas, este sábado en Verin, con milleiros de persoas.

A diferencia do que fai La Región de Ourense, que leva esta protesta a súa edición dixital, cunha ampla cobertura, La Voz de Galicia, preferiu relegar a noticia da manifestación só nas páxinas de Ourense, e abrir a portada do medio dixital cunha entrevista con José Luis Doval, o xefe de xinecoloxía do CHUO, no que destaca que o problema do peche do paritorio do Hospital de Verin non é de “persoal”, nin un tema económico, senon “de non ter nenos en Verin”.

Nesta entrevista, Doval defende que as embarazadas de toda a comarca da Limia teñan que ir a Ourense porque “iso xo fan os de Avión e Padrenda” e “tardan máis tempo e “veñen por estradas peores”.

Por outra banda, La Voz de Galicia tamén saca unha ampla reportaxe destacando os novos servizos do Centro Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) postos en marcha pola Xunta. Tamén salienta que o “plan funcional do hospital prevé crear até unha ducia de novas unidades”.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

A estreita relación de La Voz de Galicia e o goberno de Alberto Núñez Feijóo non e nova. De feito, este medio converteuse nos últimos anos no principal soporte mediatico dos populares en Galicia. Unha estratexia que se está a intensificar ante a proximidade das eleccións galegas o vindeiro ano e que afecta, de cheo, a Ciudadanos e Vox, principais competidores do PP no voto da dereita. Pola esquerda, La Voz apoia, desde os últimos anos, ao BNG na súa intención de división da esquerda.

'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
'Feijóo alimenta a máquina de Santiago Rey'. Gonzalo Vilas fixo esta ilustración para a reportaxe do Novas da Galiza e o GC sobre as axudas aos medios.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 Xan Tardón

O problema que supón para o paìs LA VOZ DE GALICIA e a polìtica do PP para cos medios privados, vai moito máis aló dun asunto entre Xornalistas. E que ademáis en Galicia non temos algo parecido á tv3 ou Euskal Televista. Temos, polo contrário unha telegaita e radiofeijóo. Así de duro.

7 Moine

A Coz é um dos jornais mais tendenciosos e mercenários nom só da Galiza senom do reino boubónico das Espanhas. Umha obriga sanitária seria que a sua venda fora insignificante tal como som muitos outros periódicos, ainda que a banca e mais a “Chunta de bois” o siga financiando.

6 Sivio

Un dos principais problems de Galicia é La Voz de Galicia

5 brais

Ai ai la coz de galiza,cantas patadas ie deu o bipartito pola los audis e o gallás. E agora estos patulantes vozeiros calan.Cantos cartos leva este falso e mentiroso q joverna la Xunta jastados en el capricho del Fraguelas,e cantos monis leva pagado con cartos de tos os marulos galaicos en endenizazios os éolicos q deixou aprovados o bipartito,iso la Coz d Galizia,non dí nada.....subvencionadosssss...a todo porco ie cheghará o seu s.martiño.....

4 Gamela

O filósofo surcoreano-alemán Han Byung-Chul sostén a seguinte tese: "Vivimos na sociedade da autoexplotación". O ser humano estase a converter en “verdugo e vítima de sí mesmo” Mentres "Xornalista Indignado" irrumpe coma elefante en cacharrería ameanzo a GC con abrir unha "guerra de medios" (ogallá!) o mesmo xornalista non pregunta como é posible que La Voz de Galicia / Faro de Vigo, medios subvencionados ate a náusea polo poder político /PP e PSOE/ pechen cos seus "Muros de Pago" as información de alcance, e só escriban para bolsillos satisfeitos, para unha nova JetSet galega! Os muros de pago serían lexítimos se os medios non acudiran DOPADOS ao mercado! ¿Como vai competir un medio como GC contra outros subvencionados con 15 millóns de euros? E aínda así o fai: xogándose o seu futuro profesional ao DENUNCIAR prácticas corruptas da prensa amiga do Poder Político!

1 Gamela

Os lectores tampouco somos parvos e levamos tempo sen mercar un Faro de Vigo agás para botarlle un ollo no café e comprobar que segue a ser a páxina dominical de Abel Caballero! A denuncia que GC fai hoxe sobre o peche do paritorio de Verín é de sentido común: todo Verín na rúa (a noticia foi emitida no telexornal das 9 de TVE1) e o noso "Xornalista Indignado" preocupado por falar mal dun medio de comunicación (?) De qué comunicación estamos a falar? De concederlle creto a cretinos que buscan a privatización da Sanidade Pública a calquera prezo (Félix Ruibal and Company)? Esto, querido xornalista indignado, non é información é PURA PROPAGANDA! E grazas a GC todos os seus lectores o temos meridianamente claro!

2 Gamela

Non sei se os lectores que comentan na Voz de Galicia (os que son publicados) estarán todos dirixidos a contratar unha póliza de seguros privada (e botarlle a culpa aos médicos por lacazáns) pero aquí no GC, calquera que comentase contra o sistema público de saúde pode facelo libremente, e xuro que NON serían CENSURADOS coma acontece cos comentarios de LVG ! Fíxate como será o compromiso coa defensa da liberdade de expresión no GC que incluso eu podo falar sen trabas!!! Tódolos medios de comunicación deberades estar orgullosos de que un medio galego se atreva a DENUNCIAR a manipulación informativa de parte, porque ao facelo está a DEFENDER a LIBERDADE DE TODOS! Cómpren menos "muros de pago" e máis liberdade de información e de expresión en Galicia! Saúde e Boa Fortuna!