Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 18:04
Os gandeiros galegos de leite de vacún superaron os 731 millóns de euros en ingresos no dez primeiros meses de 2019, o que supón un incremento do 3% con respecto ao mesmo período de 2018.
Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa visita realizada este luns á explotación Gandaría Belo SC, en Trazo (A Coruña). Alí estivo acompañado da alcaldesa, Josefina Suárez. Neste contexto, González subliñou a situación de "estabilidade" que vive o sector, posto de manifesto "co incremento progresivo" de indicadores como os prezos e a produción, segundo informa a Xunta.
O conselleiro celebrou a subida de 0,6 céntimos por litro rexistrada no mes de outubro en relación co de setembro, así como o incremento de case 8.000 toneladas de produción no último ano --un 3,4% máis--.
Con estes datos, Galicia "segue sendo líder nacional" tanto en número de gandeiros como en produción láctea e, de acordo con palabras de José González, produce "o 40%" do leite de todo o Estado e conta con máis da metade das explotacións.
Noutra orde de cousas, González lembrou que leste mesmo luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica unha nova convocatoria de subvencións, por un total de 5 millóns de euros, para fomentar a contratación de seguros agrarios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.