Feijóo sobre o peche do paridoiro de Verín: "Eu non teño a solución"

Sobre a nai e bebé que naceu esta madrugada en Verín e foron derivados ao Hospital de Ourense asegura que foi porque "algunha patoloxía seria terían". A oposición lanzará unha nova ofensiva contra a Xunta pola supresión deste servizo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O peche do paridoiro de Verín segue sendo o gran crebacabezas do Goberno da Xunta. O seu presidente insiste que a decisión que se adoptou é "técnica e científica" pola "seguridade de nais e bebés". "Eu non teño a solución", suliñou ao tempo que defendeu unha decisión que está sendo moi polémica.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. XUNTA - Arquivo
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. XUNTA - Arquivo

En todo caso, e logo das numerosas protestas que están tendo lugar en toda a provincia de Ourense e do malestar do propio PP desta provincia, con José Manuel Baltar á cabeza, Feijóo suliñou que o "único" que se deixará de atender no Hospital de Verín son os partos, "uns 60 ao ano". "O resto das prestacións xinecolóxicas mantéñense", destacou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O presidente galego volveu insistir en que a decisión de pechar o paridoiro é "técnica" e aprobada co visto e prace dos xinecólogos e médicos. "Isto non é unha improvisación", mantivo. Así, suliñou que o paridoiro de Verín será aberto "cando así o digan os especialistas". "Cando está en xogo a vida da nai e do bebé hai que seguir sempre os criteiros médicos", defendeuse nunha liña semellante a que mantén o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Félix Ruibal

Así, e preguntado por Galicia Confidencial se non cre que a súa decisión pon en dúbida as políticas da Xunta para defender o rural e deixa en mal lugar ao seu presidente provincial, Feijóo insistiu que a súa decisión non é "persoal ou política". De feito, anunciou a nova convocatoria de dúas prazas de pediatra (quedaron desertas en xuño) que publica este mesmo xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG) para ver se é posible reabrir este servizo.

"Se temos pediatras en Verín e dinnos que volvemos dar as condicións de seguridade no parto e na atención aos nenos, volveremos rehabilitar o acto concreto do parto no hospital comarcal. Que son 60 actos de parto ao ano", remarcou.

PARTO EN VERÍN

En canto á muller e ao bebé trasladados a Ourense tras un parto de urxencia en Verín, Feijóo respondeu que "por algo será" e incidiu en que se trata dunha cuestión da suficiente relevancia como para non "improvisar".  Así, salientou se a levaron ao Hospital de Ourense "será por algo", en alusión a que no de Verín non podía ser atendida. 

Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK
Así deberían ser as primeiras horas de vida dun bebé. ISTOCK

"Se a paciente e o bebé foron derivados ao un hospital é porque algunha patoloxía terían, senón non sería derivados... Pero non vou ser eu aquí o que diga de que se trata porque nin o sei e, ademais, sería unha imprudencia e unha irresponsabilidade pola miña parte xa que iso ten que ver co historial clínico do paciente", manifestou.

OPOSICIÓN

Por outra banda, a supresión do servizo de paritorio no hospital de Verín volverá ser unha das cuestións centrais no debate parlamentario que terá lugar no pleno ordinario que acollerá a Cámara galega a próxima semana tras a sesión extraordinaria na que se someterán a votación os orzamentos da Xunta para o próximo ano.

Así, os grupos da oposición --PSdeG, Común da Esquerda, BNG e En Marea-- incluíron varios puntos sobre este asunto na orde do día configurado este xoves na xunta de portavoces celebrada no Pazo do Hórreo.

Deste xeito, a Cámara deberá situarse sobre a supresión deste servizo no hospital da comarca de Monterrei, polo que a oposición apelou aos deputados do PP electos por Ourense a manter "a coherencia" e expresar co seu voto o seu rexeitamento á decisión, postura na que se aliña o xefe de filas dos populares ourensáns e presidente provincial, José Manuel Baltar. Pola súa banda, os populares, que da man do seu portavoz, Pedro Puy, expresaron a súa "tranquilidade" sobre este asunto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 galegoexiliado

"Eu non teño a solución", nin pa sanidade, servicios sociasis, axuda aos maiores, nin pa emigración, o despoboamento, o peche de tendas, fábricas e industrias, o paro, a pesca, o custe da luz ou do que pase na Galiza, eu so son o Presidente da Xunta e so me ocupo das festas gastronómicas, do Xacobeo, Xacobeo e mais Xacobeo, do resto, como liberal que son deixo que se apañen os galegos pola sua conta. E pa calquer problema xa está a sanidade privada.

4 Sentidiño

Feixóo é Manquiña en Airbag: "- ¡Lo mismo que te digo una cosa te digo la otra!"

3 Gamela

O problema chámase Félix Ruibal antes da súa chegada a Ourense xa tivemos que aturalo en Vigo, e fixo falta unha manifestación, a demisión de 21 xefes de servizo de Atención Primaria e tres folgas para mandalo para Ourense! Onde pon o pé, non medra a herba !!! Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk

2 GOLD

Hai pediatras para esas prazas, pero se lles piden o CELGA4 non veñen.

1 Limiá

Entón que lle van pedir o C1 Advance como quere Feijóliño para falar cun paisano de Riós ou da Mezquita?. É normal que a xente que vaia saiba falar o galego cando a maior parte dos pacientes desa zona son galegofalantes. Pero xa visto o que quere este presidentiño, que máis dá, ao final terán que ser os vellos galegofalantes os que teñan que facer cursos para aprender a falar en español e en inglés. Pena de país...

2 Gamela

E na privada tamén piden o Celga ?

3 Un calqueira

O que dis é unha mentira absoluta. Para contratacións e para interinaxes non se lle esixe Celga ningún, nin para facelo Mir en calqueira dos hospitais galegos. Esixelles os celga 4 para opositar. Non vaias confundindo cunha opinión errónea. A razón de ausencia de médicos é que lles ofrecen miserables contratos de días, quincenas para suplir períodos vacacionais ou , con sorte algunha baixa de maternidade; e claro, un médico de lonxe , non quere vir 15 días a verin ou a Pontevedra onde non atoparan alugueres nin onde durmir que lle compense (por poñer un exemplo). O celga non o metas no medio que no hospital de Pontevedra hai médicos catalàns, de Zamora, da rep dominicana, Alicante , Ceuta....

1 Peares

Sí home si. Tí non sabes rien. Tampouco coñecías a Marcial Dorado. Manda carallo.