A veciñanza de Verín toma Santiago en defensa do paridoiro: "As mulleres temos dereito a parir onde queiramos"

Máis de 500 persoas manifestáronse diante da Cámara galega. A oposición critica a "política de desmantalamiento sanitario" de Feijóo e pídenlle que "rectifique".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Máis de 500 persoas reivindicaron este martes fronte ao Parlamento galego, cando se celebraba unha sesión plenaria, a reapertura do paridoiro de Verín e das urxencias pediátricas no hospital comarcal.

Minutos antes das 12,00 horas deste martes os concentrados iniciaron a protesta fronte á entrada do Parlamento, o que levou a cortar o carril de subida da rúa do Hórreo por parte da Policía Local e media ducia de axentes da Policía Nacional colocouse fronte aos concentrados e na entrada do Pazo do Hórreo.

Os concentrados, baixo lemas como 'Verín non se pecha', 'En defensa dos servizos públicos' e 'Non aos recortes nos nosos dereitos', corearon consignas como "Feijóo, escoita, Verín está en loita", "xerente dimisión", "Mans arriba isto é un atraco" e "conselleiro dimisión".

En declaracións a Europa Press a enfermeira Rosana Mérida, membro da comisión delegada de Verín, explicou que acudiron a concentrarse fronte ao Parlamento para que Feijóo os escoite " ben". "Hai que abrir o paridoiro de Verín e as urxencias pediátricas", demandou.

"O Hospital comarcal fai un labor moi importante para a poboación da comarca, necesitamos que poña os medios necesarios para atender en condicións a toda a poboación", defendeu esta portavoz do colectivo convocante da protesta.

Os traballadores do Hospital de Verín que permenacen encerrados para reclamar que se manteña aberto este servizo advertiron que seguirán con esta medida "mentres non dean unha solución". "Se non nos botan", dixeron. "Que nos dean unha solución pronto, as mulleres temos dereito a parir onde queiramos, con garantías", reivindicou esta portavoz, que reclamou una "unha sanidade pública e de calidade". Con todo, asegurou que seguirán en Nadal se non lles dan unha solución antes.

Por parte da plataforma de veciños da comarca de Monterrei destacaron que a supresión deses servizos sanitarios "supón un abandono total da comarca que non se pode consentir". Por iso, aseguraron que van continuar " ata que se reverta a situación" e non descartan " emprender outro tipo de medidas segundo vaian avanzado os acontecementos". "Seguiremos ata que os servizos estean abertos e funcionando", avisaron.

Os concentrados estiveron apoiados por colectivos como Enfermeiras Eventuais en Loita e por deputados e membros de forzas políticas como o PSdeG, BNG, Común dá Esquerda e Cidadáns.

DESMANTELAMENTO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que saíu da sesión parlamentaria e uniuse á protesta, subliñou, en declaracións aos medios, que a "política de desmantalamiento sanitario que Feijóo está a levar en Galicia é inadmisible". "Temos que defender a sanidade pública galega. O peche do paritorio de Verín é o exemplo que defende a sanidade en todo o país, comprometémonos a manter a aposta pola sanidade pública, de calidade, universal, gratuíta e próxima aos veciños", sostivo.

Mentres, a parlamentaria do BNG Noa Presas subliñou que o "mandato unánime da comarca" e considerou que "Feijóo ten que rectificar de forma inmediata e reabrir o paritorio". Neste sentido, afirmou que a sociedade non permanecerá "calada" fronte ás "mentiras do PP".

Por parte de Común da Esqueda Eva Solla destacou que o peche do paridoiro de Verín "vai en contra dos dereitos das mulleres e os nenos". "O PP debe repor este servizo de maneira inmediata", demandou, para concluír que non pararán "ata a reapertura" do paritorio e as urxencias pediátricas.

Por parte de Cs, comprometéronse este martes a manter aberto o paridoiro de Verín se esta formación chega á Xunta. Tras participar na protesta responsables da formación laranxa reclamaron que o servizo de paritorio do Hospital de Verín "siga aberto e que se dote dos recursos humanos e materiais suficientes para ofrecer un servizo de calidade que dea cobertura aos cidadáns da provincia de Ourense".

Concentración frente ao Parlamento galego contra o peche do paritorio de Verín (Ourense).
Concentración frente ao Parlamento galego contra o peche do paritorio de Verín (Ourense). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Moine

A seguir votando PP. Ourense é a provincia onde o PP é dominante en todo o seu territorio.

1 Pericang

Pois mira que deben ser malos os contrarios porque gana sempre. É coma no fútbol, fslas do malo que o contrario é perdes sempre como serán os tes logo

2 Sentidiño

Moine, tes obsesión con iso. O outro día dicías o mesmo sobre os do Barco. No Barco o psoe ten maioría absoluta, co dobre de concelleiros que o pp (10 a 5). En Verín o pp sacou 4 sobre 17 (psoe 8 e bng 5). Esa é a realidade.