Funcionarios da Xunta en Ourense tamén en contra do peche do paridoiro de Verín

Os "propios protocolos de transporte sanitario do Sergas", apuntan, "recomendan evitar que a muller embarazada dea a luz no transporte".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/12/2019 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A xunta de persoal da Xunta en Ourense emitiu este xoves un comunicado no que rexeitan o peche do paridoiro e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín, algo para o que non ven "ningún motivo" nin "ningunha escusa técnica, médica ou política que o xustifique".

Nun comunicado difundido aos medios, a xunta de persoal oponse a este peche porque non queren que "se perdan postos de traballo na sanidade pública no Hospital Comarcal de Verín", nin "que os traballadores se vexan obrigados a un traslado forzoso do seu posto de traballo a Ourense". Do mesmo xeito, consideran que non existe "ningún motivo" para esta decisión que, alertaron, "deixa a moitos nenos en perigo".

Os "propios protocolos de transporte sanitario do Sergas", apuntan, "recomendan evitar que a muller embarazada dea a luz no transporte" e "a propia xerencia da EOXI de Ourense recoñece que os profesionais do Hospital de Verín van ter que seguir atendendo os partos urxentes que non poidan chegar a Ourense", pero "sen contar con pediatra nin con servizo de paritorio".

"Non queremos que as mulleres e os nenos do rural poñan en perigo a súa saúde e a súa vida e teñan menos dereitos que nas zonas urbanas", afirman. Entre outras cuestións, os funcionarios lembran que "ningún dos hospitais comarcais galegos" chegan ao mínimo de 600 partos anuais, un tope co que se aconsella "non abrir novas maternidades", pero "non o peche" das existentes.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta