Luca Chao (Común da Esquerda) destaca a "pluralidade de referentes" como un "valor" da esquerda rupturista

"A cidadanía espera de nós un compromiso para o diálogo e construír unha alternativa a Feijóo", apuntou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A deputada de Común da Esquerda e membro de Podemos Galicia Luca Chao destacou a "pluralidade de referentes" como un "valor" do espazo político da esquerda rupturista, que aínda non ten definida a forma na que concorrerá ás eleccións autonómicas que, de non producirse un adianto, tocarían no outono deste ano.

"A cidadanía espera de nós un compromiso para o diálogo e construír unha alternativa a Feijóo", apuntou Chao a preguntas dos medios este luns en rolda de prensa sobre como se presentará ás eleccións o espazo político.

En canto á persoa que debe liderar a candidatura aínda por definir, a membro de Podemos Galicia indicou que a cabeza de lista escollerase en primarias e que a "pluralidade" do espazo político é un "valor".

Luca Chao, en rolda de prensa
Luca Chao, en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Pepito Piscinas

Yo lo que no entiendo son los méritos que tiene la mujer esta para estar donde está.

1 twuj

Está por democracia, non por meritocracia.