O PP de Lugo admite erros na xestión do paridoiro de Verín: "Púidose facer mellor"
O pleno da Deputación celebrado este martes 28 centrou boa parte do debate na cuestión da sanidade pública. O PSdeG trasladou o seu temor de que o acontecido en Verín se traslade aos hospitais comarcais da provincia, algo que o PP descartou, mentres presumía de "continuas melloras".