Defensa recupera a fábrica de armas da Coruña tras o seu desaloxo voluntario

A recuperación da instalación é o paso previo para a súa cesión á Universidade da Coruña (UDC) de cara ao desenvolvemento do proxecto da Cidade das TIC no citado recinto.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/02/2020 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O desaloxo da fábrica de armas da Coruña por parte de Hércules de Armamento produciuse este martes de forma voluntaria, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia a través da súa conta de Twitter.

En concreto, explica que o desaloxo se produciu ás 9,00 horas, o que supón que o Ministerio de Defensa pase a recuperar a instalación despois de que se adxudicase a Hércules de Armamento o uso da mesma tras o peche da fábrica.

Por outra banda, sinala, en liña co manifestado o luns polo delegado do Goberno, Javier Losada, que o Goberno central "cumpre o seu compromiso" coa cidade con esta actuación.

Mentres, lembra que a recuperación da instalación é o paso previo para a súa cesión á Universidade da Coruña (UDC) de cara ao desenvolvemento do proxecto da Cidade das TIC no citado recinto.

Fábrica de Armas
Fábrica de Armas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta