A Xunta anuncia en precampaña a oferta de prazas para Educación

Infantil, pedagoxía terapéutica, orientación e matemáticas destacan nas oposicións deste ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A oferta pública de emprego para educación que se celebrará este ano incluirá 2.354 prazas para case un centenar especialidades, entre as que destacan educación infantil e pedagoxía terapéutica, no caso do corpo de mestres, e matemáticas, orientación educativa, xeografía e historia e lingua galega e literatura para profesores de secundaria.

O documento que presentou este martes a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aos sindicatos na mesa sectorial do ramo abarca unha proposta de prazas para 97 especialidades diferentes. No corpo de mestres, con 747 prazas para oito especialidades, educación infantil e pedagoxía terapéutica contarán coa oferta máis importante, con 150 prazas cada unha.

Doutra banda, no caso do corpo de profesores de secundaria, haberá 1.041 prazas para 35 especialidades, cunha dotación que destacará particularmente en matemáticas (97 prazas), orientación educativa (55), xeografía e historia (52) e lingua galega e literatura (51).

O texto facilitado ás organizacións de profesorado non inclúe as prazas destinadas a catedráticos, unhas 1.300, ao tratarse dunha convocatoria que se sacará por separado. Esta oferta concreta levará a outra mesa sectorial que se convocará proximamente.

Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta