Principio de acordo entre Podemos e Anova para ir en coalición ás eleccións do 5A

Os cadros de Anova terían aceptado as condicións impostas por Podemos, que se reserva a candidatura da lista conxunta, Galicia en Común, para Antón Gómez-Reino.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Os cadros de Anova terían aceptado xa as condicións impostas desde Unidas Podemos para formalizar unha coalición electoral de cara ás eleccións galegas do 5 de abril. Unhas condicións que pasarían porque Antón Gómez-Reino sexa o candidato á Xunta e pola división de distintos postos de saída, dous dos cales serían para Podemos, outro para Anova e outro para EU.

Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (IU), Xosé Manuel Beiras (Anova) y Pablo Iglesias (Podemos)

Póñense fin así a varias semanas de tensións entre as direccións de Podemos e Anova, tras a decisión de Gómez-Reino de presentar a súa candidatura as listas de Podemos Galicia para liderar, despois, as da candidatura de confluencias. Unha decisión que deixou sen posibilidades de presentarse a Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago 

O tamén responsable de relacións políticas de Anova foi moi duro o pasado domingo nunha entrevista na Ser acusando a Unidas Podemos de "preferir obter un peor resultado" nas urnas a chegar a un acordo con eles. "A unidade popular non só é o federalismo de Unidas Podemos, é tamén o soberanismo, tamén o municipalismo, todo o que deu razón de ser aos resultados que obtivemos", explicaba, rememorando os éxitos das mareas locais do 2015 e a segunda praza alcanzada pola xa rota plataforma En Marea.

Tras estas duras declaracións, o propio Noriega e Gómez-Reino estiveron mantendo intensas conversas desde o luns pasado, con chamadas e intercambio de impresións, e mesmo reunións físicas, case todos os días para tentar fechar un acordo que "satisfaga" a todas as partes.

LONGAS NEGOCIACIÓNS

E ese principio de acordo foise fechando xa o pasado mércores, ultimado este xoves e ratificado xa na tarde do xoves polas mareas afíns a Anova, Marea Atlántica e Compostela Aberta, e pola propia dirección de anova durante a mañá deste venres. A militancia de Podemos tamén ratificou a posibilidade de ir en coalición e que esta leve as siglas de Galicia en Común e a de Podemos. Así, a coalición levaría este nome --as siglas impostas por Unidas Podemos--, e que xa se utilizaron nas pasadas eleccións xerais, pero nas papeletas tamén figurarían as siglas dos tres partidos; Podemos, Esquerda Unida e Anova. 

Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo
Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Fontes da negociación consultadas por GC suliñan que xa hai un principio de acordo para o reparto nas listas que sería sobre 55% para Unidas Podemos e 45% para Anova e as súas mareas. Con todo, o importante deste reparto está nos postos de saída, e aí Podemos reservase ser cabeza de lista en dúas provincias --poderían ser A Coruña e Ourense--, Anova noutra --Lugo-- e EU, a cuarta, Pontevedra, que podería encabezar a líder de EU, Eva Solla.

Tamén hai problemas para encaixar os segundos postos desas listas, sobre todo, en Pontevedra e na Coruña. Podemos podería ceder o segundo posto da Coruña para Anova sempre e cando sexa unha muller, pero se reservaría entón o número tres nesa provincia e o segundo de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

16 dalle que libras

Polo pan baila o can e Martiño se aplica o dito

1 Bernal Calvo Delaciga

Non coma a Pontona & cia., que están en política por altruísmo.

15 Aurelita

Hai un erro. As siglas Galicia en Común non foron utilizadas xamais en proceso electoral ningún. Nas xerais a candidatura foi "En Común-Unidas Podemos".

14 El señor dotor

Tería que facer un complemento do MIR ou algo así para actualizarse logo de tantos anos afastado da medicina, non é que poida volver mañá a onde lle pete.

13 Roxalia

Os trolls do BNG patalexan. Bo sinal.

1 Sí se pudo

E soben en bolsa as casas de apostas despois da vosa estrita regulación "comunista".

2 troll nacionalista

non nos fagas rir

12 ZpzR

Que viva España!!! tachan tachan tachin….Qué viva España!!!