Denuncian novas verteduras de xurro na Limia e Celanova que contaminan campos e acuíferos

Agricultores e gandeiros denuncian verteduras ilegais de xurros en montes e terreos coa presenza de camións cisterna vertendo libremente. Os residuos proceden, segundo declaran, das explotacións intensivas de gando. O actual volume de xurros non pode ser absorbido en toda a comarca e parte del acaba contaminando acuíferos.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 25/02/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O trafego de xurros en camións cisterna e as verteduras dos mesmos na comarca da Limia, están sobrebordando a capacidade de absorción do territorio, segundo denuncian residentes, agricultores e gandeiros da zona. A capacidade deste territorio parece estar no seu límite para absorver a cantidade de residuos procedentes de granxas intensivas de porco, polo e vacún. A consecuencia máis directa é que as verteduras se están trasladando a outras partes do sur de Ourense, denuncian veciños doutros concellos. As persoas que se senten afectadas reclaman máis responsabilidade ás autoridades galegas e sobre todo, que se examine a política de concesión de licenzas para granxas intensivas.

Baleirado de xurros a cano libre
Baleirado de xurros a cano libre | Fonte: Cedida

NON HAI ESPAZO

Manuel García, do Movemento Ecoloxista da Limia, sinala que “hai granxeiros que se queixan de excesivas autorizacións para granxas cando non hai base territorial para máis”. As explotacións intensivas de porcino non teñen onde botar porque “os xurros ninguén os quere, só para prados e cereal”. O abuso deste tipo de líquido residual acabaría por esterilizar as terras, segundo o membro do MEL. De aí que se dea a situación de que nin os pataqueiros queren xurro nin os que cultivan cereal de verdade. Non obstante, existen agricultores que  cultivan cereal e que  “acordan coas granxas de porcino para desfacerse dos xurros, e abusan en cantidade”. O nome destas superficies cultivadas mais usadas como terreo  para verter xurro é parcelas de sacrificio.

As denuncias de ecoloxistas e veciñanza apuntan tamén a que moita granxas din ter contratos con empresas de xestión de residuos. “Realmente esas empresas non teñen onde tratar os xurros” di Manuel García, “por iso os eliminan como poden, ás veces de maneira legal e outras non tan legal”. Ese uso de camións cisterna tamén é sinalado desde outras partes da provincia de Ourense. En Celanova as queixas veciñais por contaminación de pozos e augas superficiais por presenza de nitratos, están aumentando.

Camilo, veciño de Celanova, sinala que os camións e tractores que verten xurro en terreos da zona, fano indiscriminadamente. “Moitas veces son gandeiros da zona os que permiten verter, non sei se están subvencionados”. A resposta de por que deixan verter nos seus terreos é que “están estercando”. Non obstante, tanto Camilo como outros veciños, aseguran que non hai quen controle esta actividade, por iso tamén sinalan a anegamento de parcelas con detritos líquidos.

Por iso, os afectados piden un control das empresas que empregan os camións cisterna. Propoñen a xeolocalización dos vehículos ou colocando un chip de seguemento. “Os veciños e as veciñas non temos por que ir detrás deles para saber o que fan e o que verten” di Camilo.

ACTIVIDADES GANDEIRAS E CONSECUENCIAS

En 2007 fixérase un investimento de 22 millóns de euros para a ceración do Centro Tecnolóxico Ambiental en principio para darlle un tratamento integral aos residuos das granxas. O transporte do material fecal facíase en camión. “Os camións levan desde 2007 circulando, cando se inagurou o Centro Tecnolóxico por Coren” di Manuel García. En 2014 pechou as portas ata que se anunciou a reapertura en 2019.

O primeiro proxecto buscaba tratar máis de 100.000 toneladas de residuos por ano. “A Limia en conxunto produce 600.000 toneladas por ano, para onde ían coas 500.000 que non chegaban ás instalacións?” pregunta Manuel García. As sospeitas van encarreiradas a que se facían verteduras cos camións e que finalmente o Centro Tecnolóxico Ambiental non era rendible.

As verteduras incontroladas de xurros están detrás da contaminación de correntes de auga, acuíferos e pozos. Así o aseguran os veciños consultados. Tal é o caso de Manuel García que o 2 de marzo de 2020 está chamado a un acto de conciliación por “intromisión no dereito á honra” de Coren. O motivo foi sinalar á empresa cárnica como a propietaria dun aspersor de xurro que botaba sobre “un monte comunal”.

Camilo pola súa parte, ten denunciado a contaminación do pozo aberto na súa propiedade. “Abrino hai dez anos, o ano pasado comezou a ser auga sucia”. Denunciou os feitos, mesmo os puxo en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). A CHMS inspeccionou os pozos e logo “mesmo nos puxeron denuncias a nós porque non presentaramos a documentación de que estaban os pozos estaban abertos”. A Confederación, segundo relata o veciño de Celanova, actuou “de oficio, enviáronnos denuncias, mais demostramos que os pozos estaban dados de alta”. A conclusión que tiran os afectados é que se trataba dunha manobra “para meter medo”.

Con anterioridade, Galicia Confidencial entrevistara ao director xeral de Agricultura, José Balseiros, quen preguntado  por esta cuestión, dixo ter recibido queixas de colectivos ecoloxistas. Balseiros explicou a posta en marcha dunha lei para o tratamento integral de residuos e tamén o uso de fondos PAC para implementar procesos de depuración. Os veciños quéixanse sobre todo, de desatención por parte das autoridades. Ao mesmo tempo  reclaman que os cartos da PAC sexan investidos con transparencia para o tratamento de xurros.

A solución para os xurros na Limia e outras comarcas de arredor, está pendente. Os colectivos interesados desde os ecoloxistas, autoridades, industria e produtores comparten ideas na Mesa da Limia, órgano creado para buscar solucións aos problemas do sector. De momento  as queixas veciñais continúan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 te lo xurro...

Os representantes dun poder do estado que está aí (como diria gila) son peores ca o xurro....Galicia, millor dito unha parte de Galicia é un pu.. xurro e punto.... e o 5A vai quedar ben patente... xurro pra todos¡¡¡¡

2 José

Non se poden escribir aqui algunhas cousas porque te acaban acusando de apoloxía do terrorismo, pero se eu me encontrase con algún destes camioneiros pos lle metería catro hostias e xa está, polo menos marcho tranquilo pa casa

1 Gamela

A MAFIA traballa na Limia ? Nos envenenan a todos mentras eles fan negocio coa "merda" ? Supoño que o Ministerio de Transición Ecolóxica anda moi ocupado pechando Alcoa e As Pontes (?) Mentres en Galicia anda todo o mundo preocupado polas listas electorais (?) Pregunto se non hai xulgados de garda abertos 24 horas para facer a denuncia dos camións que estercan libremente (?)

1 Casimiro

Serán faladurias? Se a Confederación Hidrográfica Miño Sil está dirixida por un "socialista"! Si, o mesmo cacique de Arxeriz tan sensible polos ríos, o que sae nas fotos detrás de Caballero, o señorito que dirixe como secretario a organización do PSdG-PSOE! Como é posible o compadreo coa mafia? Ou cos pepeiros de Coren? E como será que o delegado do goberno e a subdelegada provincial, tan "socialista", non envía a benemérita na que mandan? Pois teñen o Seprona e a fiscalía para que? Non sei, semella que son todos obedientes aos merdeiros!