Beiras e Conde, protagonistas sorpresa do debate

Jorquera e Feijóo asinaron tablas no último debate da TVG. Por veces aburridos, e por veces intensos, os dous dirixentes marearon con cifras económicas contrapostas. Ao final un "good night" e un "boa sorte" reconciliou aos dous dirixentes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/10/2012 | Actualizada ás 23:30

Comparte esta noticia

Non participaron nos debates, pero como se estiveran. O toma e daca de Feijóo e Jorquera no último debate da TVG serviu para que Xosé Manuel Beiras e Mario Conde adquiriran un protagonismo inusitado e foran citados varias veces polos contendentes.

Feijóo e Jorquera antes do debate
Feijóo e Jorquera antes do debate | Fonte: Qué

E é que a posibilidade de pactos do PPdeG e do BNG se non hai maioría absoluta converteuse nunha obsesión para ambos os dous dirixentes. Jorquera citou a Conde ata en seis ocasións para advertir aos electores que os populares poderían pactar con el se non teñen a maioría absoluta. E o mesmo fixo Feijóo nomeando a un Xosé Manuel --cuxa saída do BNG aínda escoce nesta formación- para insinuar que nacionalistas e socialistas igual dependen dos seus votos para gobernar.

Ambos os dous dirixentes atacaronse varias veces sobre a posibilidade de asinar pactos se non se producen maiorías absolutas. Feijóo lembrando o "desastre" do bipartito,"que agora sería un quintaparito", e Jorquera lembrandolle que igual depende dun banqueiro co que colaboran "ex conselleiros de Fraga".

Empate

Con todo, o último debate rematou en táboas. Nin Feijóo, nin Jorquera conseguiron impoñerse nun cara a cara que, por veces, foi aburrido e por veces, intenso. A economía, os servizos sociais e o autogoberno volveron a acaparar a intervención dos candidatos.

Así, o presidente galego presumiu de goberno durante estes catro anos e dixo que Galicia foi capaz de facerlle fronte á crise con medidas de aforro e control do déficit. "Non sei en que país vive vostede porque neste periodo 60.000 mozos tiveron que emigrar", repostoulle Jorquera.

O líder nacionalista atacou con datos económicos de desemprego e Feijóo insistiu en que os dados en Galicia son mellores que os do Estado. Ambos os dous tiraron de gráficos diferentes para demostrar que un e o outro estaban errados sobre os datos do paro rexistrado e da EPA.

"Carné de galegos"

No debate tamén saíu a relucir o famoso informe do Consello de Contas ao que Feijóo restoulle importancia. "Non existe tal informe, é un anteproxecto", dixo. "Será un anteproxecto pero está asiando polo ex conselleiro de Economía do PP, Juan Antonio Orza", espetoulle Jorquera.

Os dous dirixentes tamén se erixiron en defensores de Galicia e do autogoberno. "Non diga vostede quen debe ou non ser galego. Se fora polo BNG, Galicia sería máis cativa", apuntou Feijóo. "Eu non reparto carnés de galeguidade pero tampouco fago como vostede de supeditar Galicia ao que diga Rajoy porque vostede é un delegado de Goberno de Rajoy e o seu voto vai a Rajoy", respondeulle Jorquera que foi o único momento no que sacou a relucir o Goberno de Rajoy, un argumento que utilizou moito máis o líder socialista para desacreditar ao presidente galego.

Futbol e xornalismo

Durante o encontro producíronse varias anécdotas. Jorquera declarouse deportivista, "e como deportivista quero que o clube estea ben xestionado". "A vostede preocupalle que estea ben xestionado un equipo de fútbol. A min preocupame que o estea Galicia", respondíalle Feijóo.

E tamén houbo momentos de cabreo, especialmente, cando Jorquera amosou unha portada do diario La Región, que nos últimos meses ten unha liña moi crítica coa  Xunta, na que se criticaba o estado da sanidade. "Ese xornal ataca á sanidade pública e sacou unha nova que non está confirmada", dixo o presidente galego visiblemente enoxado. "Ten gracia que sexa vostede quen fale así da prensa", comentoulle Jorquera en alusión ao apoio que recibe da maior parte da prensa galega.

Xa na quedan final, e a pesares dos reproches, houbo "fair play" entre os contrincantes, algo que non aconteceu no debate entre Vázquez e Feijóo. "Desexolle moita sorte a vostede e ao seu partido nestes comicios", despediuse o presidente galego. "E tamén eu a vostede no personal", respondeulle Jorquera.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

23 Saña

Beiras está presente en tódolos debates, non hai máis que ver este foro, por que é o único político que representa un perigo para a dereita.

1 Antónimus

...xa, por iso onte quen facía referencia a Beiras era Feijoo

2 todoenorde

Frijolito fixo referencia a Beiras porque lle ten medo. O medo é libre, amigo.

3 Beiras é Deus

Uns adorano como a deus outro creen que é marx. Beiras está en todas partes para os seus

22 Xoán

Mira que sodes bos co BNG nestra crónica e non entendo por que. Non será pola publicidade que non vos deron e coa que untaron a outros medios dixitais coma o Praza ou Sermos para telos caladiños e que coman da súa man. Jorquera estivo penoso. P-E-N-O-S-O. Deume vergoña allea velo nalgúns momentos; tenso, nervioso e a rebufo de Feijóo.

21 Sara

Eu vin o debate e, mi madriña se o Jorquerita este entra na Xunta.Coitado. Non daba para moito. Menos mal que será Pachi o presidente porque levabamola boa con estes bloqueiros da UPG

20 Coruñés

Feijóo- 5, Jorquera-2. Moi benevolentes son neste medio

19 adrián

E o que foi daquel xiro soberanista? O BNG segue a estar preso nas coordenadas autonomistas. http://cronicasindepes.blogspot.com...