Por Walter Burns | O Barco | 13/10/2012 | Actualizada ás 11:53
O líder de Sociedade Civil e Democracia desmente as informacións sobre a súa suposta agresión a un menor no Barco despois dun mitin no Barco de Valdeorras. O político sae así ao paso das informacións recollidas en Sermos Galiza, nas que se relata que "Mario Conde decidiu espetarlle unha labazada a A.D.C. ademais de collelo polo pescozo para darlle un empurrón".
Segundo as testemuñas familiares recollidas por Victor Nieves, a Garda Civil tamén indicou á familia que non se meta en liortas e que non denuncie ao ex-banqueiro e ex-recluso. A familia indica que no intre da agresión estaba presente un axente da Garda Civil.
A versión do candidato á Xunta tamén sinala que estaba presente un Garda Civil, pero difire completamente da dada polo menor e a sua familia.
Fontes do seu equipo explican a GC que un grupo de tres menores de entre 14 e 16 seguiron a Conde tras o mitin do Barco chamándolle "ladrón". Segundo a súa versión, as persoas que acompañaban a Conde impediron que os cativos se achegaran até que un deles, "mulato", che berrou "fillo de puta!". O relato de SCD di que "Marío Conde se volvió y le dijo 'me cago en..' el chico salió corriendo y le dijo: 'voy a decir que me has pegado' ".
Dende o novo partido tamén se indica que se trata dun incidente orquestrado. "Al parecer estos chicos estarían ahí enviados por alguien para provocar el incidente", explican.
Quen decidirá se Conde bateu a un menor ou non será a Xustiza. A familia asegura que a Garda Civil non tramitou a denuncia e desanimounos de seguir co preito. A benemérita explica, pola súa parte, que non houbo denuncia porque o presunto agredido, de orixe dominicana, achegouse ao cuartel sen documentación identificativa algunha.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.