Temas: MARIO CONDE

Mario Conde desmente que batera a un menor

Rapaces de entre 14 e 16 anos seguiron e increparon ao político tras un mitin no Barco. Mario Conde deulle unha labazada a un deles, segundo un menor; versión que desmente rotundamente SCD, que fala dun incidente orquestrado.

Por Walter Burns | O Barco | 13/10/2012 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O líder de Sociedade Civil e Democracia desmente as informacións sobre a súa suposta agresión a un menor no Barco despois dun mitin no Barco de Valdeorras. O político sae así ao paso das informacións recollidas en Sermos Galiza, nas que se relata que "Mario Conde decidiu espetarlle unha labazada a A.D.C. ademais de collelo polo pescozo para darlle un empurrón".

Segundo as testemuñas familiares recollidas por Victor Nieves, a Garda Civil tamén indicou á familia que non se meta en liortas e que non denuncie ao ex-banqueiro e ex-recluso. A familia indica que no intre da agresión estaba presente un axente da Garda Civil.

A versión do candidato á Xunta tamén sinala que estaba presente un Garda Civil, pero difire completamente da dada polo menor e a sua familia.

Mario Conde
Mario Conde | Fonte: Paco Gallego

Fontes do seu equipo explican a GC que un grupo de tres menores de entre 14 e 16 seguiron a Conde tras o mitin do Barco chamándolle "ladrón". Segundo a súa versión, as persoas que acompañaban a Conde impediron que os cativos se achegaran até que un deles, "mulato", che berrou "fillo de puta!". O relato de SCD di que "Marío Conde se volvió y le dijo 'me cago en..' el chico salió corriendo y le dijo: 'voy a decir que me has pegado' ".

Dende o novo partido tamén se indica que se trata dun incidente orquestrado. "Al parecer estos chicos estarían ahí enviados por alguien para provocar el incidente", explican.  

Quen decidirá se Conde bateu a un menor ou non será a Xustiza. A familia asegura que a Garda Civil non tramitou a denuncia e desanimounos de seguir co preito. A benemérita explica, pola súa parte, que non houbo denuncia porque o presunto agredido, de orixe dominicana, achegouse ao cuartel sen documentación identificativa algunha.

Temas: MARIO CONDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

5 pepexoan

Sen videos nin imaxes pareceme unha farsa hoxe en dia calquera que vexa que mario conde empeza a insultar a uns nenos a saida dun mitin xa o esta jrabando e mais en epoca electoral,non mo creo

1 anonimo

este rapaz vai na miña clase, é totalmente certo, zarandeouno mentres lle chamaba negro e deulle unha labazada, a cousa non foi para máis xq un amigo d Mario Conde(un coñecido policía no Barco)separouno do rapaz

4 Antinazi

Tremendo que os partidos privilexiados manden nenos a agredir aos partidos que molestan ao sistema do 78. Pero o que está comprobado é que en Barcelona uns nacionalistas e probablemente socialistas agrediron, chamaron "fascista" e "terrorista" a unha nena de oito anos tras casi linchar ao seu pai e irmaous por non ser do pensamento único e cometer o pecado de levar unha bandeira do seu país. ¿Fixeron algo parecido os nacional socialistas dos anos 30? e non me refiro aos crimes do estado nacional socialista dende o 39 ¿fixoo a xente normal da rua nos 30? ¿en que nivel de intolerancia estamos? perdón de tolerancia cero. Casi non me imaxino a aqueles alemáns nacionalistas berrando a unha nena xudia: Vosotros judíos sois los terroristas.

3 Sparafucile

He, he, no melhor espírito de La Voz de Galicia, publicamos o desmentido "oficial" antes do que a denúncia das supostas vítimas. Mais sobre o tema: http://www.sermosgaliza.com/artigo/...

1 johan bieitez

Completamente de acordo. Muitas vezes levo advertido este meio. Nom por sectarismo, todo o contrário, porque desejo o melhor para todos os meios galegos.

2 breiko

O triste e que tenha que ser umha "criança" quem tenha que prantar cara a este fenomeno, temos o que merecemos.....

1 así non

breiko... logo ti que propos... que nos liemos a liortas con todos os candidatos/as que non nos gusten??? Un pouco de sentidiño!!!

1 Kurt

Ni los niños te quieren.