A realidade é a que é, por un lado 64 deputad@s ( PP 41, PSOE 18 e IU 5). Do outro lado 11 (BNG 7, Anova 3 e FOG 1). Pero o problema para algúns é a UPG, ou o BNG ou BNUPG. Unir, reunir, fundar ou refundar o que? para que?, para seguir como ate agora?, ou como ate antes de Amio? Mal que lles pese a algún cabeza pensante temos Organización, temos proxecto e temos discurso, falta dar coa fórmula para chegar á xente, falla a mensaxe, pero temos o importante, outros teñen mensaxe, ou mensaxes, pero ú-lo proxecto?, cal é?. Os ataques continuos ao BNG cansan, e tarde ou cedo moitos dirán xa chega, eso estivo ben, e agora que? para entón, o BNG debe estar armado e preparado, e abofé que estara...
Este pailán aínda non se enterou de que ó Foga esta na Anova, e sigue facendo piruetas númericas pra non sertirse un perdedor, pois dalle..
A mensaxe non vos falla meu. A mensaxe do bipartito, a mensaxe da Deputación de Lugo, a mensaxe de Carrumeiro, etc... a mensaxe é do mellor que tendes. O que vos falla é entendamos a mensaxe, e que para alguns, un cacique de dereitas é o mesmo que un de esquerdas, e un cacique español, igual que un galego. Tan dificil é de entender. Aos que insultachedes e menospreciachedes durante anos, tamen podian votar nestas eleccións, e os votos masocas xa os tiña monopolizados o Feijoo. E non se está a atacar ao BNG, é o BNG que ante a realidade, enroca-se e nega-se a ver o evidente, e sen recoñecer os erros coma primeiro paso, non só nas prácticas senon tamen nas formas, non hai nada que reformular. Pero se seguedes a ter esa liña de todo o que non está comigo está contra min, eso mesmo é o que ides conseguer, e seria unha mágoa, pero se eso é o que queredes, os acantilados estan aí, e podedes dar o grande paso cara asiante... vos mesmos
A frase correcta é: "O que vos falla é QUE NON entendamos a mensaxe.
Tan perdedor coma todos vós, seguide asi, falades de insultar, eu opino, o voso é insultar sen mais volvendo sempre ó mesmo pobre argumento, bipartito? carrumeiro? Deputación de que? mais do mésmo, falar non ten cancelas, e largar de xeito anónimo non custa nada, aos xulgados se tes algo e senón a seguir tragando. O BNG tén organización,mal que vos pese, programa e propostas, o resto? un lider de 76 anos facendo deputados para IU, esa é a realidade e un dato obxectivo. O demáis lérias...
Os escindidos do BNG tamen estuveron no bipartito, pero parece que a amnesia impidelles recoñecer que estiveron alí.
Determinadas cousas como Carrumeiro, Diputación de Lugo...co tipo de comentarios que facedes coincidides co PP, lembrovos que a vosa xestión no bipartito (a dos escindidos) non foi ala mui tal, so que eu a diferencia de vos non penso entrar en comentarios que representan a inconsciencia, o insulto e o infantilismo do que non sabe o que é a política...o BNG non é de esquerdas pero darlle a mao a Fraga si (conste que eu do xesto de Beiras de darlle a mao a Fraga non digo nada so volo recordo aos que vedes a palla no ollo alleo e non vedes a que tedes no propio.
O que mais me amola de Anova, é que esta chea ou ben de xente que ben da escola da UPG ou ben de quen a sofreu, e pode reproduci-la. Se ainda se fala do bipartito, de Carrumeiro, etc... é porque dentro do BNG ainda ninguen pediu desculpas non polo que se fixo, senon por coma se fixo. Ou agora vas-me decir que ter unha Xunta duplicada, e cando queiras falamos de exemplos, é un modelo. O de esta área é miña e fago o que quero e ti fas o que che pete na tua é governar algo. O de colocar militantes e dar postos e/ou subvencions por amiguismo non aconteceu... E o de Carrumeiro, o que menos me importa é se é ilegal ou non, o que si é é inmoral, ao mesmo nivel que o Camps (que xa sabemos que a lei é unha cousa e a ética outra). E todo iso non son insultos, son feitos.
E toda a xente que se opuxo a algunhas das politicas que aplicachedes nalgun sector, pero non ao xeral, nun principio; e que o BNG adicou-se a insultar (vexa-se o fio da ultima manifestación de GNSV, por exemplo) credes que por decir que ven o lobo van-vos votar?.
E xa que estades a por a Catalunya coma lugar onde mirar, mirade a ERC. Onde van os amigos do BNG, os Colon, os Puchis, etc... Cando tiveron un serio problema de credibilidade de discurso, cambiaron a toda a executiva, para que ERC non esmorecera. O mesmiño que está a facer o BNG agora mesmo, non si meu?
E que os que se foron do BNG que estiveron no bipartito, alguns con grande éxito electoral agora, pediron disculpas? ou sera que so son malas, e inmorais as prácticas cando se esta no BNG. Xa postos, eu tamén che podería contar como se financiaron campañas nas pasadas locais, iso si,a mer.. para o BNG e as actas para Anova, a min, leccións de purismo e moralidade as xustas... O voso odio á UPG pérdevos, eu de ti, mk, coidaria eses odio porque a vida, e mais en política, da moitas voltas. O problema que temos é que alguns non souberon mirar o que pasou con ERC, ou si, ou intentaron reproducilo ata o absurdo de liorta en liorta e de excisión en excisión, o mesmiño, dende o goberno a quinta forza,e camiño do mais negro abismo de non por sentidiño
To o que queirades e máis, quen gañou foi o PP con máis deputados.
Si IU-Anova 5-4 é o revulsivo como "Nación" de Galicia, adiante tedes a oprtunidade.Según entendo creedes que con Age será así.
Todo ten o seu repouso.
He he he... sento-cho meu, non son de Anova, nen do BNG (polo menos non neste milenio), nen lle teño especial xenreira á UPG, nen aos seus militantes; e si moitas críticas á sua actuación; mas non pola sua ideoloxia (ou suposta ideoloxia) e si polos seus métodos, métodos que comparten cunha boa parte de Anova. E si teño escoitado ao Beiras decir que habia que pedir perdón logo do bipartito. No fondo o do perdón é o de menos, e non repetir os erros o importante, e como en lugares coma na Deputacion de Lugo, as duplicidades, enchufismo e caciquismo é moeda de cambio pois que queres que che diga, que non me trago o discurso, se ainda pedirades por que non queden no paro os parentes, poderia pensar-mo, pero o orgullo non vos deixa.
Conta, conta como se financiou todo o mundo, creo que sempre é positivo saber esas cousas e quen se lle deben favores. O meu interese político en AGE, Anova e CxG é que cobran espazos que considero necesarios, mas que non son o meu, así que non te preocupes polas miñas xenreiras e futuras compañias políticas.