Os infectados por coronavirus en Galicia ascenden a 153

31 están hospitalizados en áreas convencionais e sete están na UCI --catro na Coruña, dous en Vigo e un en Santiago--.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2020 | Actualizada ás 23:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este sábado que os infectados por coronavirus en Galicia ascenden xa a 153, 18 máis que no último boletín oficial, e agradeceu aos galegos a súa actitude e a súa colaboración nas medidas de protección.

Así o dixo nunha rolda de prensa tras a constitución da Comisión de Coordinación Operativa creada para facer fronte á emerxencia polo coronavirus e que buscaba, ademais de pór en común as medidas aprobadas pola Xunta, trasladar ao grupo as medidas adoptadas polo Goberno central, algo que "non foi posible" dado que o Consello de Ministros prolongouse máis do esperado.

Sobre o estado dos pacientes de coronavirus en Galicia, Núñez Feijóo lembrou que este sábado a comunidade rexistrou a primeira vítima mortal, unha muller de 92 anos ingresada no Hospital Povisa de Vigo que "faleceu por mor das doenzas previas" que padecía e que se agravaron polo virus.

Así mesmo, precisou que na actualidade Galicia rexistra 153 infectados por coronavirus, dos que 115 permanecen illados nos seus domicilios, 31 están hospitalizados en áreas convencionais e sete están na UCI --catro na Coruña, dous en Vigo e un en Santiago--.

Con iso, o nivel de contaxio en Galicia sitúase en 5,73 por cada 100.000 habitantes, por baixo da media do conxunto do Estado, que está en torno ao 12 por cada 100.000 habitantes.

Por outra banda, en relación ás medidas postas en marcha para evitar os contactos e os contagios, Núñez Feijóo destacou que a "inmensa maioría das persoas que viven en Galicia" atenderon " escrupulosamente as instrucións" e rebaixaron " a presión sobre os teléfonos de emerxencias", algo que considerou "moi importante" para "preservar o mellor funcionamento da atención sanitaria".

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: @urg_CHUAC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta