O PSOE denuncia que Baltar "reparta a dedo" axudas a concellos "afíns" en plena crise

Din que na última xunta de goberno adxudicáronse "centos de miles de euros en subvencións"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O PSOE ourensán denunciou que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, "manteña" a "repartición a dedo" de axudas a concellos da provincia "afíns" durante a crise aberta polo coronavirus.

Nun comunicado difundido este martes, os socialistas ourensáns censuran que na última xunta de goberno adxudicáronse "centos de miles de euros en subvencións" a municipios como Muíños, A Veiga ou Porqueira "para actuacións que non son prioritarias" neste momento, como asfaltado de estradas ou iluminación pública.

"O sistema caciquil e decimonónico co que a deputación reparte os fondos públicos como se fose un sultanato segue en plena alerta sanitaria", manifestou o portavoz socialista, Rafa Villarino, quen considera a actuación da deputación como un "evidente agravio" para os veciños de municipios "non gobernados por amigos do presidente".

Para o socialista, estas partidas económicas deberían destinarse "a paliar as consecuencias" da crise destada pola expansión do COVID-19.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta