Todo Ferrol sae a fiestras e balcóns para cantar un poema musicado de García-Bodaño

A iniciativa foi impulsada polo xornalista Isidoro Valerio a través das redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 19/03/2020 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Ferrol saíu na noite deste xoves a fiestras e balcóns a cantar Nas ondas do mar, un poema musicado por Xosé Luis Blanco Campaña e escrito por Salvador García Bodaño.

A xente canta en Ferrol 'Nas ondas do mar', con letra de Salvador García- Bodaño , durante a corentena do coronavirus
A xente canta en Ferrol 'Nas ondas do mar', con letra de Salvador García- Bodaño , durante a corentena do coronavirus

A iniciativa foi impulsada por Isidoro Valerio, integrante da Rondalla de Ferrol, e que impulsou a través das redes esta inciativa para tentar animar á xente durante a corentena do coronavirus. “O título orixinal é Amada Ausente, e foi a canción que se lle adicou a Mari Carmen Corral cando foi madriña da Rondalla”, apunta en declaracións a GC.

A coreografía grupal, que se puido escoitar en moitas rúas da cidade, comezou ás 20.00 horas. “Todo Ferrol cantou para celebrar unha noite de Pepitas diferente, per moi emotiva”, indica o xornalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta