Triplícanse os casos de contaxios nas residencias galegas nun só día e xa superan as 30 persoas

Os principais focos confirmados están nos centros de DomusVi, con 16 casos. Celanova ten tamén 13 confirmados. Unha muller está moi grave no Cunqueiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A situación das residencias de anciáns en Galicia comeza a ser preocupante tras coñecerse este sábado que se incrementou significativamente o número de contaxiados nas de Vigo e Santiago. ASFAREBA (Asociación Usuarios e Familiares Residencias DomusVi) e a Federación Galega REDE de Asociacións de Usuarios e Familiares das Residencias e da Dependencia, apuntan a máis de 20 casos nas residencias que DomusVI ten en Santiago, a San Lazaro, e en Vigo, a Barreiro.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez

Outro foco importante estaría na residencia de Celanova, con 13 casos, tras a morte do primeiro caso que estaba ingresada en Ourense. En Caldas, a cifra segue sendo de un infectado, segundo datos facilitados pola Consellería de Política Social.

Así, na DomusVI Barreiro, en Vigo, hai xa once casos confirmados xa. Un deles, segundo familiares consultados, “foi xa desahuciado polos médicos do Álvaro Cunqueiro”. Tres foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e 8 foron ou ían ser trasladados desde a residencia ata o hospital privado Vithas Nuestra Señora de Fátima.

"Durante toda a tarde do sábado, DomusVi Barreiro negouse a dar información ás familias e a confirmar que o número de positivos subira nunhas horas de 2 a 11", critican estasentidades. As familias reclamaron a presenza da policía ás 12 da noite para facer valer os seus dereitos fundamentais "á información e á dignidade humana".

Tras comezar os positivos, durante a tarde do sábado, todos os residentes foron confinados nas súas habitacións, prohibíndoselles a saída das mesmas. "Presumimos que este domingo o número de infectados se desborde tras coñecerse os resultados xa totais das 40 mostras recollidas pola unidade sanitaria móbil encargada do procedemento", din os familiares.+

Tamén hai moito temor entre as traballadoras. "Non temos información, estamos desorientadas, non sabemos que pasa, estamos vendidas", din ao criticar tamén a escaseza de material. "As máscaras dan unha das duras e a conservala todo o tempo que poidas e tampouco hai lentes de protección", din.

SANTIAGO

Na DomusVI San Lázaro de Santiago,poderían ser xa dez os anciáns contaxiados, aínda que a Xunta só fala de cinco casos confiramods. Así, tras o primeiro positivo do pasado martes, están confirmados xa catro casos máis que foron derivados ao hospital La Rosaleda e hai tres usuarios illados con síntomas do virus agardando polos resultados.

Ademais, segundo informan familiares a GC, nas últimas horas dous anciáns comezaron a ter febre e síntomas similares aos do coronavirus, pero aos que aínda non se lles fixo a proba. Todos os casos confirmados e os probables están na planta dúas deste centro, que está illada. Tamén están en corentena nas súas casas cinco traballadores que exercían as súas funcións nesa planta. O resto dos usuarios –hai máis de 150 internos, 50% das prazas concertadas coa Xunta-- están pechados nos seus cuartos sen poder saír.

Os familiares insisten en denunciar que, en moitos casos, non poden falar cos seus familiares, “a pesar do que diga a dirección do centro e da Xunta”. Tamén critican que a TVG “adique medio telexornal a falar dos centros de maiores de Madrid e non fale do que pasa en Galicia”.

OUTRAS RESIDENCIAS

Este sábado coñeciase a primeira morte dunha usuaria de residencia, trátase da muller do centro de Celanova que estaba ingresada no Hospital de Ourense. Alí son 13 os casos confirmados.Tamén está hospitalizada outra persoa que deu positivo do asilo de Caldas de Reis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta