Vixilancia por móbil: 1,5 millóns de galegos non se moven máis aló de 500 metros de casa no estado de alarma

O Ministerio de Transportes publica os resultados dun estudo a través de datos de teléfonos móbiles e 'big data'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2020 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

Ao redor de 1,5 millóns de galegos non se moven máis aló de 500 metros das súas casas durante o estado de alarma, segundo os datos por comunidades do estudo de mobilidade realizado polo Ministerio de Transportes a través de datos de teléfonos móbiles e 'big data'.

Gráfica sobre a mobilidade en Galicia no estado de alarma
Gráfica sobre a mobilidade en Galicia no estado de alarma | Fonte: Ministerio de Transportes.

Con todo, existen diferenzas entre os días da semana, xa que esa cifra elévase ata 1,7 millóns os domingos, o día no que menos mobilidade existe, pero baixa os luns até 1,3 millóns.

Respecto ao resto da poboación que si percorre maiores distancias, entre 100.000 e 150.000 persoas realizan cada día unha saída de máis de 500 metros desde o seu domicilio. Así mesmo, en función do día, entre unhas 330.000 e 450.000 persoas realizan en Galicia dous desprazamentos de máis de 500 metros.

Mentres, os que realizan máis de dúas viaxes de 500 metros varían de forma considerable en función da xornada, xa que o luns 16 de marzo foron 865.000, mentres o Domingo de Resurrección quedaron ao redor de 550.000.

Á hora de analizar a mobilidade durante o estado de alarma respecto de antes do confinamento, en Galicia a caída está por enriba do 70% os días festivos e fins de semana, así como por encima do 60% o día laborais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Este é o xoguete que nos teñen preparado para alongar o confinamento (prisión pola cara) ata máis aló do 40 de maio !!! Nin somos chinos nin temos p. idea de como se traballa o BigData... pero ExperimentosSánchez seica vai estar no top teen da Realidade Virtual !!! E nós coma súbditos dóciles... tragando canta "merda" se lles ocorra con tal de seguir enrocados no Goberno !!!

1 Anonimo

Os datos recollidos dos móviles para estudo da movilidade son ANONIMOS. Por si Gamela non o sabe, o confinamento e debido por unha Pandemia que está acontecer. So a necedad busca un culpable para fuxir da realidade, porque outra explicación non vexo para tal comentario.