O ex narco Dorado admite a gran amizade que tivo con Feijóo: "Durmía na casa e a miña muller facíalle o almorzo"

"Si duermes en mi casa, si mi mujer te hace el desayuno... ¿Esa amistad ni es estrecha, ni ancha?", pregúntase Dorado tras dicir o presidente galego que a súa amistade "nin era estreita, nin ancha".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/05/2020 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Case dous meses despois, a entrevista de Jordi Évole ao narco Marcial Dorado verá a luz na Sexta este domingo pola noite. O programa estaba previsto para antes das eleccións galegas, pero a pandemia do coronavirus fixo modificar toda a grella televisiva.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

'Lo de Évole' repasará a historia de Dorado, que se enriqueceu nos setenta grazas ao contrabando de tabaco. Tras evitar a condena en varios procesos xudiciais, en 2009 foi condenado a 19 anos de cárcere por narcotráfico, branqueo e suborno.

Marcial Dorado mantivo unha relación con Feijóo durante os antos noventa, cando o agora presidente da Xunta xa era un cargo na Xunta. En varias ocasións, o líder do PPdeG negou que tivera unha estreita amistade co narco. "Si duermes en mi casa, si mi mujer te hace el desayuno... ¿Eso amistad ni es estrecha, ni ancha?", respóndelle na entrevista Dorado.

Feijóo viuse na obriga de falar e negar a relación de amistade con Dorado tras a publicación dunhas fotografías en 2013 nas que se lle vía con el. Na entrevista con Évole o ex narco tamén confirma que a amistade con Feijóo "cortouna el" e non o presidente galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fanheca

Ibiza, Canarias, Picos de Europa, Cascais, Andorra, iate polas rías baixas... O noso Peares a todo trapo.