Toda a oposición a Feijóo: "ten que explicar a súa relación cun dos narcos máis importantes de Europa"

PSdeG, Galicia en Común e BNG critican ao presidente galego por mentir e ocultar a súa amistade co narco Marcial Dorado tras confirmar este a relación e que “lle pagaba" cousas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/05/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Os líderes dos tres principais partidos da oposición coincidiron este luns en pedirlle explicacións a Feijóo por mentir e ocultar a relación que mantivo durante anos co narcotraficante Marcial Dorado, tras recoñecer este o domingo no programa de Jordi Évole, a fonda amistade que mantiveron desde o 1994 ata o 2001.

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

“Este é un tema evitado polos poderes establecidos do PPdeG pero pola gravidade que supón, pero Feijóo ten que explicar o que aconteceu porque tivo relación cun dos narcos máis importantes de Europa e que foi condenado a anos de cárcere logo logo de ter acaudalado máis de 70 millóns de euros en paraíses fiscais”, dixo o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Neste sentido, criticou a Feijó por negar que non sabía as actividades ás que se adicaba Dorado cando durante os anos da súa amistade “xa era público e notorio que ese narco xa ocupara portadas de xornais” polas súas actividades ilícitas e xa se coñecera a Operación Nécora na que aparecía xa o seu nome.

Ademais, criticou duramente ao presidente galego por ocultar esta amistade cando durante eses anos xa había “un movemento de centos de nais en Galicia contra a droga”, en alusión a Érguete. “Isto merece explicacións porque falamos dunha relación íntima e fluída entre un narco e el”, dixo.

GALICIA EN COMÚN E BNG

Tamén o candidado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, dixo que, tras ver a entrevista entre Feijóo e Marcial Dorado “quedou coa sensación de que o noso país non se parece a ese país de narcos que se ven en televisión e se relacionaron durante anos con políticos”.

Ademais, criticou ao presidente galego porque, dixo, “quedou claro que é público e notorio que mente porque tiña relación con narcotraficante e lle pagaba as vacacións”. “É evidente que ten que dar explicacións pero o máis importante é que dea explicacións polos dez anos de privatización en banca, sanidade ou educación”, sinalou.

Finalmente, a nacionalista Ana Pontón dixo que a entrevista con Dorado “pon en evidencia que Feijóo non dixo a verdade e mentiu sobre a súa amizade cun narcotraficante”. “Eu se fora el estaría moi preocupado porque un narco o teña como referente de honradez”, dixo.

Feijóo evitou este domingo comentar esta entrevista e remitiuse ás preguntas e respostas que xa lle fixeron a este respecto.

PP

"É un tema moi menor, un debate que xa tivemos fai sete anos e sobre unhas fotos de hai 30 anos. Todas as explicacións xa se deron e hai pouco máis que engadir", sentenciou o portavoz parlamentario popular, Pedro Puy, tras a entrevista a Dorado.

"Se nestes momentos que afronta o país, coa peor crise sanitaria que tivo calquera xeración viva, acompañada da peor crise económica e social que lembremos... Se iso é o que lle preocupa á oposición, é que non están cos pés na terra nin nos problemas do país", reprobou Puy.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Tartufo

Cachamuíña e galleguita dous coprolitos lambe-pompis. As evidencias son as evidencias. Non se pode facer doce o amargo e xa está. Estou de acordo con eles en que cheira a tufillo xacobino centralista pero non independentista precisamente. Quere dicir que en algunhas cousas aínda se pode estar de acordo cos excrementos da sociedade coma eles.

4 Tres ríos

O proxenetismo social causa estragos. Unha parte, non menor, das súas víctimas perde o cu por recoller as migas da indignidade¡.

3 Fanheca

Xa saen os Trolls na defensa do seu xefe Peares.

2 cachamuíña

Despois da reportaxe en "La Sexta" as correas de transmisión da esquerda e do independentismo botan fume e poñen a funcionar un asunto de hai dez anos, a ver si así, xunto coas novas interesadas sobre temas da sanidade que este e outros diarios afíns publican dende algúns meses conseguen facerrlle dano ao presidente da Xunta. Vaille sair o tiro pola culata.

1 Galeguiña

E veña e dalle...e dalle e veña. Ésta é a catadura política da oposicíón no Parlamento galego. Outra maioría absoluta mais para Feijóo.