"A COVID demostrou a necesidade de dixitalizar canto antes os arquivos para contar con información fiable"

Arquivistas galegos chaman á modernización dos sistemas documentais para "dar resposta a unha demanda social" fronte a "fake news e desinformación".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este luns, 8 de xuño foi o Día Internacional dos Arquivos e, aproveitando esta data, a Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD) fai un chamamento á modernización dos sistemas arquivísticos galegos para dar resposta á "demanda social de información fiable" fronte á proliferación de "fake news e desinformación".

Unha bibilioteca
Unha bibilioteca | Fonte: E.P. JCCM

A asociación consideran que a situación derivada da crise de COVID-19 "demostrou que acelerar a dixitalización de documentos é imprescindible" de cara a dar resposta a estas necesidades sociais que refiren. 

ARQUIVOS "COLAPSADOS"

Nesta situación, a BAMAD chama ás administracións a "dotar e infraestruturas e persoal suficiente" para facer fronte ó "colapso" sufrido pola "maioría de arquivos de Galicia", que carecen de "espazo para recoller documentos", segundo informan dende a asociación. 

No que atinxe de xeito específico á pandemia, os requerimentos da asociación pasan pola desenvolta do referido proceso de dixitalización, "imprescindible" para afrontar a nova realidade, apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta