Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2020 | Actualizada ás 09:30
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) elaborou un documento coas principais "demandas do colectivo do dano cerebral adquirido en Galicia" que trasladou ás catro principais forzas políticas que concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia o vindeiro 12 de xullo.
Explican no documento de demandas a necesidade de reactivación dos centros de día e ocupacionais para persoas con dano cerebral. As asociacións membro de FEGADACE definen a situación causada pola COVID-19, e posteriores medidas de alerta sanitaria, de “emerxencia terapéutica e social”, constatan un enorme deterioro das capacidades e retroceso no estado xeral das súas persoas usuarias.
Demándase a reactivación inmediata, avaliando individualmente a capacidade de cada
centro e asociación para a prestación de todo o seu abano de servizos.
DEMANDAS NO ÁMBITO ASISTENCIAL
FEGADACE solicita evitar a ruptura asistencial que se produce no momento da alta hospitalaria por calquera das causas do dano cerebral (ictus, traumatismo, etc) e acadar un modelo de atención baseado en equipos interdisciplinares, con programas de atención individualizada.
Reclámase unha Estratexia Galega de Atención ao dano cerebral; cun modelo de atención
universal e inclusiva; que chegue a todas as persoas con dano cerebral, identificadas a través
dun censo; que se impulse a investigación; que se remate cos copagamentos; e que se mellore a colaboración entre a administración e o movemento asociativo do dano cerebral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.