Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/07/2020 | Actualizada ás 21:55
"El brote de virus en A Mariña, bajo control". Ese era o titular co que abría este martes La Voz de Galicia en todas as súas edicións, agás na da Mariña. Pero, curiosamente, ese titular contrasta co que abría a edición da Mariña do mesmo xornal. "A Mariña, con 119 casos activos, confía en frenar el brote esta semana".
É dicir, que o propio xornal se contradí ao sinalar que, por unha banda o brote está controlado, e que pola outra, confía en facelo "esta semana". Obviamente, a liña editorial do medio coruñes, moi próxima ao Partido Popular --e a o que na rede se refiren xa como "La Vox de Feijóo"-- foi moi diferente na totalidade de todas as edicións, agás na da Mariña, lugar onde a veciñanza coñece, perfectamente, a situación que están vivindo.
Por suposto, tal disparidade de criterio no mesmo xornal, fixo saltar os comentarios nas redes sociais. O propio ex alcalde de Lalín, Rafa Cuíña, dicía en Twitter, "quedo sen palabras":
Quedo sen palabras... pic.twitter.com/SZABq8l0hI
— Rafa Cuiña (@Rafiklalin) July 7, 2020
Outros, como Pilar, militante do BNG de Xove preguntábase, "Depende do que entendam eles e o Sergas por control, claro"
Hoxe a Voz de Galicia di esto...🤔🤔
— 🅿️ilar (@vazquezspilar) July 7, 2020
Depende o que entendam eles e o Sergas como “control”. Claro. pic.twitter.com/z0yg7fauMv
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.