Gómez-Reino agarda unha "importante mobilización democrática" que "rompa co pasado"

O candidato de Galicia en Común asegurou que se percibe "indignación" por "prohibir o voto a centenares de persoas no século XXI", en alusión aos positivos.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, esperou que na xornada electoral deste domingo teña lugar unha "importante mobilización democrática" que "rompa co pasado" da comunidade.

Así se pronunciou tras votar este domingo na Coruña, onde incidiu en que a mobilización da cidadanía debe producirse "con calma" e "determinación", así como en que os comicios autonómicos representan unha oportunidade para "fortalecer a democracia".

Deste xeito, Gómez-Reino destacou a necesidade dunha mobilización democrática que "permita construír a Galicia que queremos", nunha chiscadela ao lema escollido pola súa formación para a campaña electoral, e chamou á cidadanía a expresar a súa posición e a "romper a resignación" mediante o seu voto.

Preguntado polos medios, mostrou o seu apoio aos cidadáns da Mariña, onde se rexistrou un rebrote de contaxios por COVID-19 que levou a restrición da mobilidade en varios municipios. Aegurou que se percibiu unha "indignación democrática" por parte de "moita xente que non entende que se vaia a prohibir o voto a centenares de persoas no século XXI", en alusión aos positivos.

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, vota na Coruña. GALICIA EN COMÚN
O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, vota na Coruña. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta