Os madrileños non terán que comunicarlle a Xunta a súa presencia en Galicia, pero si cataláns, vascos ou navarros

Os viaxeiros procedentes de 136 países, incluído Portugal, e 5 autonomías, deberán comunicar a súa chegada a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2020 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Os viaxeiros procedentes dun total de 136 países, incluído Portugal, e cinco comunidades autonómas --Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e A Rioxa-- están obrigados desde este martes a comunicar a súa chegada a Galicia.

O Diario Oficial de Galicia publica a relación de países afectados pola orde aprobada no Consello da Xunta do pasado xoves 23 de xullo que establece a obrigatoriedade de informar sobre a chegada á comunidade desde territorios con alta incidencia da covid-19.

Unha lista composta, polo momento, por 136 países do cinco continentes e outro cinco comunidades autónomas. A Consellería de Sanidade revisará a listaxe, como mínimo, cada 15 días para a súa actualización.

Deste xeito, os viaxeiros que estivesen nalgún destes países polo menos 14 días antes da súa chegada a Galicia teñen que informar á Consellería de Sanidade a través de Internet --https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros-- ou no número de teléfono 881002001.

A medida, imposta tanto para cidadáns residentes en Galicia como para foráneos, afecta a todos os países de África e nacións con importantes relacións con Galicia como Arxentina, México ou Brasil, de onde cada verán viaxan centenares de galegos do exterior.

En concreto, Sanidade fixa que deberán facer a comunicación todos os viaxeiros que vaian a Galicia tras estar dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que teñan unha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia.

Terán 24 horas para comunicar os seus datos persoais, un teléfono de contacto e o motivo da súa viaxe. Estes datos serán borrados ao 28 día da súa chegada a Galicia. A Xunta establece que as tarefas de control e inspección recaen nas autoridades autonómicas e municipais, aínda que non recolle un réxime sancionador.

En América, a medida afecta a: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Puerto Rico, San Vicente y Las Granadinas, St Martin, Surinam, Islas Tortugas, Estados Unidos, Islas Vírgenes, Venezuela, Haití, Jamaica e Nicaragua.

En Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudita, Singapura, Emiratos Árabes, Usbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.

En Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán,Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kósovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Madrileño en Galicia

Madrileños y de 10 comunidades autónomas más. Qué obsesión con los madrileños.