Tres novas unidades mixtas de investigación ponse en marcha no sector da automoción

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2020 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Innovación resolveu as convocatorias de axudas para a posta en marcha de unidades mixtas de investigación (UMI) e para a consolidación das xa existentes e apoiará tres novas, centradas no sector da automoción, ás que destinará 2,5 millóns de euros no período 2020-23.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, da que depende esta axencia, indicou nunha nota de prensa este domingo que esta é a sexta edición deste programa, que xa apoiou a 46 unidades creadas desde 2014 e que mobilizan máis de 130 millóns de euros, entre a achega da empresa, a do organismo e a da administración.

11º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e ACAUTO. Foto: Prensa Expourense 11º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e ACAUTO. Foto: Prensa Expourense
11º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e ACAUTO. Foto: Prensa Expourense 11º Salón do Automóbil organizado entre Expourense e ACAUTO. Foto: Prensa Expourense

En concreto, as UMI creadas son a do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e a empresa Borgwarner Emissions Systems Spain para desenvolver un proxecto de xestión térmica para mobilidade sustentable; a do CTAG e Grupo Antolín para a monitorización intelixente do interior do vehículo; e a do centro tecnolóxico Aimen e GKN Driveline Vigo para unha iniciativa de intelixencia artificial para a fabricación avanzada de compoñentes de transmisión.

Este tres unidades xerarán un investimento de máis de 8 millóns de euros e nas mesmas participarán 68 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta