Suíza impón corentena obrigatoria ós viaxeiros procedentes de Galicia

O veto atinxe a todas as comunidades do Estado a excepción de Canarias e Baleares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

Suíza incluíu este mércores ao Estado Español na listaxe dos países cuxos viaxeiros terán que someterse a unha corentena de dez días para entrar no seu territorio suízo, aínda que excluíu a quen veñan de Canarias e Baleares. A Oficina Federal de Saúde Pública (FOPH) informou de que todas as persoas, menores incluídos, que pretendan entrar en Suíza tras estar no últimos catorce días nun país considerado de "alto risco" de contaxio do coronavirus terán que gardar illamento aínda que presenten un resultado negativo nunha proba PCR.

Xunto co Estado español, as autoridades suízas incorporaron a esta 'lista negra' a Romanía, Singapura, Bahamas, Guinea Ecuatorial, San Mariño e Santo Tomei e Príncipe. En total son 46 territorios entre os que xa figuraban Estados Unidos ou Brasil. A FOPH indicou que a próxima actualización farase o 8 de agosto. Suíza súmase así a outros países como Reino Unido, Alemaña ou Francia que recomendaron non viaxar ó territorio español ou directamente impuxeron unha corentena aos viaxeiros procedentes de chan español polos rebrotes de COVID-19.

Avión de Iberia. IBERIA - Arquivo
Avión de Iberia. IBERIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta