Allariz cancela a ‘Festa Campestre’

O Concello de Allariz vén de anunciar que non se realizará a festa campestre programada no campo de Vilanova a fin de semana da empanada os días 22 e 23 de agosto.

Por X.M. Fernández | Allariz | 12/08/2020 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Por mor da situación sanitaria, o Concello de Allariz decidiu cancelar a celebración da ‘Festa Campestre’ coincidindo coa súa traicional Festa da empanada. Co obxectivo de evitar aglomeracións, este ano non haberá postos de venda de empanada, nin carpa nin postos de polbo.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

Esta cancelación non arrastrará a doutras actividades que forman parte da programación cultural de verán do concello. Así, pois, a fin de semana do 22 e 23 de agosto manterase a seguinte programación:

Sábado 22

-Espectáculo infantil “GHOP" a cargo da compañía 'Teatro ao Cubo'. Ás 20: 00 h no Campo dos Brancos.

-Final do campionato de Billarda.

Domingo 23

-Pasarrúas e concerto da Banda Unión Musical de Allariz. Ás 11:00 e 13:00 h. no campo de Vilanova.

-Desfile de Xigantes e Cabezudos co acompañamento do grupo musical PAR DE PAR.

-Concerto do grupo COANHADEIRA 7273. Ás 19:30 h. no campo de Vilanova.

Dende a área de Cultura do Concello de Allariz pídenlle á hostalería que esa fin de semana teñan un detalle coa festa ofrecendo nas súas cartas, menús ou pinchos a típica empanada, para así entre todos e todas poñer en valor este produto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta