Por E.P. | A CORUÑA | 17/08/2020 | Actualizada ás 18:40
Os servizos municipais de Betanzos concluíron os traballos para pechar os accesos ao campo de Vos Caneiros, segundo informa o Consistorio como medida de prevención tras a suspensión do tradicional 'retallo'.
Nun comunicado, explica que Policía Local e Garda Civil velarán polo cumprimento de medidas de seguridade establecidas nas normativas pola COVID-19 polo que, a pesar da suspensión do 'retallo', tanto a deste martes día 18 como a do día 25, os axentes estarán nos camiños de acceso ao campo de Os Caneiros.
Os primeiros, no termo municipal de Betanzos e os segundos en Coirós, "advertirán ás persoas que, a pesar da suspensión dos 'retallos', se desprazan camiñando ata Os Caneiros, que a parcela municipal permanecerá pechada e que velarán polo cumprimento das normativas".
Polo río pasará o mesmo coa Garda Civil. Os integrantes das embarcacións tampouco poderán acceder á parcela municipal, pero si celebrar, se é o seu desexo, Os Caneiros no barco. Nese caso, a Benemérita fará controis sobre limitación de aforamento en cada embarcación e documentación en regra. Ademais, no propio Campo de Os Caneiros, que estará pechado en todos os seus accesos, permanecerá a Garda Civil.
A decisión do concello de non celebrar os 'retallos' nin o lanzamento do Globo tómase por "razóns de seguridade pola COVID-19 e a imposibilidade de celebrar eventos que xeren aglomeracións ou concentracións de persoas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.