As librarías galegas poden solicitar axudas extraordinarias

Estas axudas serven para financiar a adaptación física, de prestanción do servizo e de renovación tecnóloxica das librarías para combater a falta de liquidez.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/08/2020 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galicia lembrou ás librarías galegas que poden solicitar as achegas extraordinarias polas perdas derivadas da pandemia da COVID-19. "Son 4 millóns de euros do Ministerio de Cultura e Deporte para financiar proxectos de adaptación estrutural e mantemento", explica.

Nun comunicado, precisa que esta liña de achegas está aberta ata a próxima semana para librarías independentes. Os únicos requisitos nos establecementos xeneralistas son ter máis de 3.000 títulos e nos especializados, máis de 1.500.

Entre os proxectos a financiar poden estar a realización de obras e adaptación física dos establecementos ás novas circunstancias dadas pola crise sanitaria; a adaptación da prestación do servizo ao cliente ás condicións de seguridade sanitaria e a renovación tecnolóxica das entidades que lles permita levar a cabo a venda a través de internet, entre outros.

Ademais, indica que esta medida complementa "outras previas para combater a falta de liquidez, como os ERTE, as axudas para persoas autónomas ou o ingreso mínimo vital".

Imaxe dunha libraría.
Imaxe dunha libraría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta