Homenaxe a Celso Emilio, a voz do antifranquismo galego, no aniversario da súa morte

As redes énchense de mostras de afecto e lembranza ao autor de 'Viaxe ao país dos ananos' e 'Onde o mundo se chama Celanova'.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

41 anos pasaron dese 31 de agosto no que Celso Emilio Ferreiro (nado en Celavona en 1912) falecía na súa casa de Vigo. Celso Emilio, que por aquel entón contaba tan só con 67 anos, vivira para ver a morte do Ditador Franco e, con ela, a chegada da democracia, unha das máis ansiadas ideas nas que fixo fincapé na súa obra social.

O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro
O poeta e autor Celso Emilio Ferreiro

Sen desprezar o indubidable polifacetismo de Celso Emilio -que cutivou dende a poesía intimista ó xénero da sártira retranqueiro- resulta imposible comprender a súa traxectoria e pegada sen facer fincapé na súa vertende social. O autor de Celanvova é, para multitude de investigadores, o principal dos poetas galegos que mantiveron unha posición política contraria ó réxime durante o Franquismo.

Os desafíos de Celso Emilio ó brazo represor do réxime franquista comezaron cando aínda a Guerra Civil estaba en marcha. O autor, que resultou mobilizado de xeito forzoso ó Bando Nacional, rematou pasando varios días na cadea a raíz dun comentario crítico cos falanxistas en 1937. Sobre esta experiencia agromaría unha obra clave para comprender a resistencia silenciosa á represión franquista, e que se converteu nun símbolo da Galeguidade de mediados do século XX: Longa noite de pedra.

Con todo, o carácter diverso e prolixo do autor ourensán levouno a transitar por múltiples camiños que hoxe conforman unha biblioteca de diversas inclinacións e enfoques. Así, sen separarse de todo da vertente social, destaca o clásico Viaxe ao país dos ananos, unha sátira na que o autor critica a conformidade -e mesmo connivencia- dos galegos na inmigración co réxime franquista, unha visión fraguada trala súa emigración a Venezuela.

O Celso Emilio intimista déixase entrever nos versos de Onde o mundo se chama Celanova, outra obra en verso na que, este caso, a lírica do autor orbita arredor da súa parella Moraima. Esta e outras das múltiples facetas emiliáns son as lembradas nesta xornada por diversos usuarios de Twitter que non quixeron desixar pasar a efeméride do poeta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Pra Moraima, sempre. E pra os irmaus e compañeiros da Agrupación Galega que conmigo loitan e sofren no pais dos Ananos.