Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 15:04
A Policía Nacional e SOS Desaparecidos desactivaron nas últimas horas a busca da moza de 14 anos que faltaba do seu domicilio da Coruña desde o pasado luns e que xa foi localizada.
Así o confirmaron tanto a Policía como distintos grupos dedicados á difusión de desaparición e a propia familia da nova, que publicaba en redes sociais unha mensaxe indicando que xa fora localizada.
A menor, de 14 anos e complexión delgada, faltaba do seu domicilio desde o pasado 31 de agosto e ao longo deste mércores levou a cabo unha intensa campaña a través de redes sociais para tratar de atopala.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.