Feijóo e o galego, cuarta e última oportunidade?

A cuarta lexislatura de Feijóo na Xunta non ten trazos de cambiar o modelo lingüístico con respecto o galego. As cuestións relativas ao desenvolvemento educativo e social da lingua parece que ficou en mans de iniciativas persoais ou colectivas fóra de ámbitos oficiais. Que lle poderá suceder ao galego nesta cuarta lexislatura de Feijóo?

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 08/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O cuarto executivo presidido por Núñez Feijóo non semella ter entre as súas prioridades a promoción do galego, idioma cooficial segundo o Estatuto de Autonomía en base á Constitución do Estado. As prioridades seguramente sigan indo por unhas políticas máis centradas en manter un statu quo sen desenvolvemento estatutario, políticas sanitarias aínda máis cuestionadas e unha política lingüística apoiada no Decreto do Plurilingüismo que foi criticada e cuestionada polo Consello de Europa en 2019. Haberá cambios nesta cuarta lexislatura de cara a lingua?

Captura pantalla APP Xabarín Club, dous anos sen actualizar para Apple
Captura pantalla APP Xabarín Club, dous anos sen actualizar para Apple

TRAVESÍA POLO DESERTO?

“O Decreto do Plurilingüísmo buscaba eliminar a presenza do galego entre a mocidade” di Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. “Hai exemplos como a imposibilidade agora de baixar a APP de TVG para ver debuxos animados en galego”. A dez anos  de asinar o decreto, descoñécense datos concretos sobre a mellora ou non das competencias lingüísticas en castelán, inglés e galego.

No tocante á APP do Xabarín Club, tentouse baixar a aplicación desde Google Play, onde foi imposible descargala. Ademais, alí onde se encontrou polo menos o logo da APP, Google Play avisaba de perigo en caso de descarga para Android. Doutra parte, en ferramentas Apple, usuarios das mesmas avisaron que a APP en cuestión está sen actualizar desde hai dous anos. Fontes da CRTVG suliñan que no caso de Android hai un problema técnico, pero que para Aple a versión está "completamente actualizada".

Non obstante, o Consello de Europa alertaba da situación “preocupante” do galego logo de tres lexislaturas co PP e Feijóo na Xunta. “Existe unha visión de país incapaz e cunha lingua incapaz desde dentro do goberno galego” sinala Maceira. Desde a Associaçom Galega da Língua (AGAL) Eduardo Maragoto destaca que “os gobernos da Xunta dinstínguense pouco uns dos outros en aspectos fundamentais, pois aínda non puxeron en marcha políticas eficaces para inserir o galego no ámbito lusófono”. A isto súmalle que “tampouco se están posibilitando liñas de inmersión lingüística no ensino”.

Alberto Núñez Feijóo na toma de posesión como presidente na sua cuarta lexislatura
Alberto Núñez Feijóo na toma de posesión como presidente na sua cuarta lexislatura | Fonte: EFE

A referencia que se fai desde a AGAL ao ámbito lusófono apóiase en que durante o mandato Feijóo se aprobou a Lei Paz-Andrade para un achegamento á lusofonía, “mais aínda non vimos moito interese en aplicar a lei e fomentala en favor do galego, esperamos que isto se corrixa nesta lexislatura”.

As visións máis pesimistas apuntan que entre as catro lexislaturas de Fraga Iribarne e agora as catro de Feijóo, estaríanse dando pasos moi acelerados para a eliminación ou polo menos redución a unha presenza testemuñal do galego. “Hai conciencia da situación porque hai xente preocupada por este fenómeno, outra cousa é falar dun idioma que está vivo mais nunha situación de penuria”, analiza Marcos Maceira.

“Estou certo que en Galicia ninguén quere acabar co noso idioma, o que si necesita é de persoas ben formadas para xestionar o bilingüismo e o multilingüismo en beneficio de todos e de todas” apunta Eduardo Maragoto. “Consideramos que moitas desas persoas que xestionarían ben unha situación así, están hoxe dentro do reintegracionismo, só que aínda non houbo políticos que soubesen velo con claridade, só podemos esperar pacientemente”.

DIVISIÓN SOCIAL E LINGÜÍSTICA?

Durante a campaña electoral de 2009 unha das puntas de lanza do PP contra o goberno PSOE-BNG foi precisamente o que denominaron “imposición do galego”. A eles sumáranselles colectivos como Galicia Bilingüe e outros grupos como UPyD en “defensa” do que vían como un atropelo ás persoas castelán falantes en Galicia. Aquilo podía estar evidenciando unha división sociolingüística apoiada por sectores políticos interesados en réditos electorais.

Once anos despois daquelas manifestacións, a representación parlamentaria foi variando ata chegarmos a unha situación semellante á daquelas datas, tres forzas políticas no Parlamento. Esta representación parlamentaria reflicte unha postura social e política contraria ao galego? “Espero que iso non sexa así, a Mesa, xunto con ANPAS e forzas sindicais  temos falado cos tres partidos con representación parlamentaria para mudar o decreto do plurilingüismo” explica Maceira. “Os partidos terán as súas pluralidades internas, mais o que é certo é a maior agresividade desde a Xunta contra o galego na súa historia”.

O caso é que a politización arredor da lingua é un factor que foi usado en ocasións mesmo creando atmosferas pouco propicias para o galego, tal son os casos dalgúns topónimos e a non presenza do galego en determinados sitios web privados, onde si podemos ler en inglés, castelán e mesmo catalán. “Esa división, que vai necesariamente ligada a unha politización da lingua, só se dá en sectores minoritarios da poboación” sinala Eduardo Maragoto.

“O resto da poboación vai abandonando o galego dentro dos medios familiares en que se usaba durante as últimas décadas, mesmo en áreas rurais, o galego vai cedendo espazo ao castelán” analiza o membro da AGAL, que non percibe a existencia dunha división social entre dúas comunidades lingüísticas

A Xunta de Galicia, o goberno que debera protexer e fomentar o uso do galego, ten unha nova lexislatura para realizar tarefas a prol da lingua. En tal caso, as maneiras coas que se actuou durante os últimos anos poden definir as novas políticas lingüísticas do goberno galego de aquí a 2024.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

5 nostrus

Al gallego no hace falta rendirle pleitesia y es suficiente que sea una lengua oficial para que la use todo aquel que quiera. La rotulacion debe estar "al menos" en español, pero no por el bien del español, sino por el bien de las personas para que puedan comprender lo que se expone. Yo no me opongo a que tambien este la rotulacion en gallego, no porque haga falta, sino para que los fieles de la secta naciota disfruten, aunque no lo merecen porque solo piensan en ellos y no les importan los derechos de los demas españoles que visitan Galicia, tienen los mismos derechos que los gallegos y no tienen porque comprender el gallego. El gallego es lengua oficial de Galicia, pero no es lengua sagrada y sigo opinando que debe ser oficial, a pesar de su excasa utilidad, por el bien de las personas que prefieren usarlo.

1 Nostri

Agardo que os nenos e nenas deste país, en galego ou castelán, sexan capaces de espresarse algo mellor ca ti. E sen tantas faltas de ortografía. Saúdos

2 nostrus

Non sei porque me da, que atopei un profesor mais preocupado polo galego, que pola educación e os direitos dos rapaces, igual que noutros tempos, tamen coñecin algún profesor que soamente lle preocupaba que os cativos fosen competentes no catecismo

3 Gayego con Y de Libertad

Eu o que vexo é que a "língua común" o único que serve é para porlle "trabas" a miña (e a de moitos) língua materna. Por que falar español e non Inglés diretamente?? Somos Europeos. En Inglés comunicaríamonos con mais xente. Por que limitarnos sendo Españoles e non Europeos?? Europa é mais grande!! Unidos somos mais fortes!! Devemos deixar de nacionalismos estúpidos do Touro e a Sevillana no televisor e mais andar polo mundo.

4 nostrus

Gayego con Y de Libertad. O que ti prpos non pasa de ser unha estupi10 porque o inglés non responde a realidade lingüística social de Galicia e a sua implantación non sería posible nin democrática, polo menos a corto plazo.

4 Riolo

Lo del PP gallego es de vergüenza. Núñez sigue con la línea de seguidismo al BNG en materia de lengua. España es el único país de Europa con parte de su territorio donde no se puede estudiar en la lengua común de todos los españoles. Si vas a Bretaña te encuentras la toponimia en dos idiomas; si vas a Irlanda te encuentras la toponimia en gaélico e inglés. Pero en Galicia sólo en gallego. El nacionalismo se cura viajando.

1 nostrus

Certo, o PP é un partido hipócrita que rivaliza co Psoe facendo o ridículo ante os naziosos. Non hai ningun motivo para que os topónimos non sexan oficialis en español, xa que a Constitucion non establece ningunha excepcion da oficialidade do español (ou castelan, son sinónimos). Si os naciotas din que o español non é a sua lingua, o menos que tiñan que facer é non usala nunca, que se apañen co galego e si algunha vez a usan tiñan que pagar por usar algo que non é deles e pagarllo aos que si é nosa.

2 Ros

Pois entonces viaxa e aplicate o conto. Se pensas que defender a nosa lingua è de nacionalistas...viaxa meu rei

3 nostrus49n

Ros. E que non sei de quen hai que defender a lingua. Tal vez de vos, porque que eu saibas, ninguen pretende que non sexa oficial ou non se use. Vos sodes os mais grandes inimigos do galego.

4 Quique Mazaira

Nostrus, para tratar de certos temas hai que ter un mínimo de formación ou mellor información, e moitos menos prexuizos de fanatizado fundamentalista antigalego. Explícocho rápido: sendo a Constitución a base do ordenamento legal español, tamén son leis a cumprir o Estatuto e a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Nela dise que a ÚNICA forma legal dos topónimos é a galega. Alén diso, o Tribunal Constitucional, en sentenza 84/1986, do 26 de xullo, revisou e non tocou estes artigos. Os cidadáns que tanto proclaman as bondades do sistema actual non escollen que leis cumpren e as que ignoran, pois de facelo --como ti apoias como activista de insistencia repetitiva contra o galego-- amosan que o seu constitucionalismo é un simple disfraz para ocultar que seguen ancorados no fondo franquismo (denominación local do fascismo en España). De facelo como troll, outra posibilidade, es un simplón patético.

5 nostrus

Quique Mazaira 1°La Constitución en su artículo 3 dice que el castellano es la lengua oficial de España, sin ninguna excepción, por lo tanto ninguna ley le permite quitar oficialidad al castellano. 2°No soy antigallego y si lo fuera tendría el mismo derecho que los que son antiespañoles y compartir ruindad con ellos

6 Casilda

Nostruz, ponte tan raiboso como queiras, espernexa patas arriba, bota escuma pola boca... As medias verdades son peores que as mentiras! Artigo 3 completo: O castellano é oficial (1), as demais línguas tamén (2), sendo unha "riqueza" que é un "patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección' (3). Como xa che explicaron, a Lei de Normalización Lingüística é lexislación consolidada (precisas aulas), estatal, publicada no BOE, amparada no artigo 3 da Constitución Española e no 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e avalada polo Tribunal Constitucional na versión final. Logo de falar lexisladores e tribunais, o que ti digas, é irrelevante e ridículo. Aplícate o respeto e protección ao galego que che mandan desde a Constitución Española ou es un falso constitucionalista e un verdadeiro rancio fascista obsesionado contra o galego. No teu espello, estimado Nostruz!!!

7 nostrus

No Casilda, es a ti a quien le toca sufrir porque el español siempre será lengua de Galicia. Que el gallego sea oficial estoy de acuerdo, porque estoy a favor del "bilingüismo", que es la verdadera realidad e identidad de Galicia, frente a los nacional-fanáticos que quereis una Galicia monolingüe basado en vuetras pajas mentales alucinatorias que, ademas de ser totalitarias e intolerantes no obedecen a la realidad gallega, perjudican a las personas y son antiprogresistas. Galicia es bilingüe por mucho que los ultragallegueros os empeñeis en lo contrario. Toda la ideologia nacionalista está condenada al fracaso porque jugais con las cartas marcadas y se os ve el farol.

8 Inespal

Pois tí viaxar non viaxas moito. Que eu saiba, na Galiza calquer sinal nas estradas está nas dúas linguas.

3 Daniel F. Noquerol

En Galicia se sigue rotulando los edificios oficiales exclusivamente en gallego, se desprecia la toponimia en español mientras que la carísima Telegaita habla de Xetafe o Xaén a la vez que aquí está prohibido decir La Coruña, Orense o Rianjo.

1 Inespal

Na Galiza chamámoslle pailán ó que dí Rianjo. Mellor dito, fodechincho.

2 Ailalelo

Topinimia españlla? Iso non existe, Rianjo?? Haha deberìante multar, carísima?? Caro es ti, caro de dicir burradas

3 Iván

Lóxicamente en Galicia, os nomes dos edificios oficiais e a súa toponimia, a forma correta e en galego. Iso xa como mínimo. Despois xa cazurros coma ti poden dicir sanjenjo ou paletadas polo estilo.

4 Ros

Rianjo? Ignorante!

2 Carla

A Feijóo pásalle como a unha boa parte des galegos. Pensa que se fala galego se lle nota que é de aldea. E segue a ter complexo de ambas cousas.

1 Alienao

Fala poor ti, que ben se che notan os prexuízos.

2 Alienao

Fala por ti, que ben se che notan os prexuízos

3 CArl

Carla, ese "...se lle nota" que escribes éche ben pouco de aldea e moito de feijóo. Pouco respecto polo idioma temos!

1 Gamela

Cicais se fosemos quen de devolverlle a DIGNIDADE ás vidas dos galegos e galegas... sen dúbida recuperaríamos ao mesmo tempo o orgullo da nosa lingua propia coma signo de identidade colectiva para unha terra con FUTURO (?) https://twitter.com/00Gamela/status... O carro debe ir detrás dos bois...!!!