Por Álvaro Rodríguez | Santiago de Compostela | 09/09/2020
Os seus patrocinadores agradecen publicamente a súa gran xestión: Ana Botín, presidenta do Banco Santander, declaraba que “tanto os ERTE como ICO funcionaron fenomenal e máis rápido que en Alemaña e Inglaterra”. Carlos Torres Vila, presidente do BBVA, aseguraba que “a resposta que se deu ata o de agora a curto prazo foi na boa liña”. O presidente de Telefónica, Jose Maria Álvarez, e o Presidente de Iberdrola, Ignacio Sanchez Galan, aplauden a política do goberno. E non é para menos. As cousas van moi ben para as grandes empresas e a banca. E cando chegue o momento en que todo estea de saldo, íralles moitísimo mellor. A maior quebra do estado maior beneficio para a banca.
Vemos como este goberno de coalición, “o máis progresista da historia”, mostra a súa absoluta lealdade á elite empresarial, coa creación da “Unidade de Seguimento do Fondo de Recuperación”, un equipo destinado a dirixir a economía española nesta “nova normalidade” e do que formarán parte grandes empresas, como bancos, enerxéticas e tecnolóxicas. Unha vez máis, estes progresistas están ao servizo dos seus patrocinadores.
Un dos xefes do goberno de Podemos, Pablo Iglesias, (en alianza co xeneral Julio Rodriguez, o xefe do gabinete de vicepresidencia), no programa Al Rojo vivo, declaraba: “O que se está xogando agora mesmo no noso país é, ademais, a necesidade de que unha nova elite empresarial asuma o protagonismo na nova época que se está construíndo”.
Para o Secretario Xeral de Podemos e Vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (Centro de repartición entre a oligarquía dos diñeiros públicos), é necesaria unha nova elite empresarial, aínda que parece ser que a falta dunha nova, os directivos do Ibex 35 válenlle de momento. E os que hai de momento, tamén están contentos co seu goberno. A concordia e o dialogo entre a banca, gran capital español e internacional é perfecta.
A fusión de BANKIA e CAIXABANK coas estampillas administrativas do goberno, é outro exemplo do bo facer do goberno ao servizo dos seus titores. Hai só 10 anos, o progresista Zapatero, agasallou 120.000 millóns de euros; posteriormente a banca pública pasou á man da oligarquía financeira, os amos do país. Agora o goberno progresista dá un paso máis, e regala os fondos destinados no seu día a BANKIA aos donos do sistema, a oligarquía financeira.
Temos que ter presente que o gran negocio actual é a débeda pública. O déficit do estado é obxecto de especulación e beneficios para a banca. Cada ano, novo déficit, novos préstamos, e con iso a aristocracia financeira saca uns inxentes beneficios. A maior quiebra-deficit do estado, máis progreso e beneficio para a banca.
Xa sexa coa man esquerda (os electivos progresistas), ou coa man dereita (os electivos centristas), a banca enche as súas caixas co diñeiro. O diñeiro sempre acaba nas suas contas… que os pequenos empresarios, autónomos e a inmensa clase traballadora ven obrigados a pagar vía impostos.
E é que o slogan “soa e borracha quero chegar a casa”, era moi realista: coa taxa de paro existente, os salarios paupérrimos, as reformas laborais realizadas polos progresistas e centristas, os impostos e custo da vida prohibitivos, a imposibilidade de formar unha familia, etc, a soidade e a evasión da realidade é unha tráxica tentación…