A "Cidade das TiC" da Coruña, premio Grandes Proxectos TIC do CPEIG

O proxecto está liderado pola UDC, Clúster TIC de Galicia e conta coa colaboración de distintas administracións.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 15/09/2020 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o premio Grandes Proxectos TIC da “12 Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” á “Cidade das TIC”, proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC) e o Clúster TIC de Galicia, coa colaboración das Administracións Públicas (Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello da Coruña).

Fabrica de Armas na Coruña.
Fabrica de Armas na Coruña. | Fonte: CPEIG

Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática. A gala celebrarase o 30 de outubro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

FÁBRICA DE ARMAS

O pasado 18 de febreiro asinouse a cesión da Fábrica de Armas, situada no barrio

coruñés de Pedralonga, entre o Ministerio de Defensa e a UDC. Este convenio permitirá

reconverter a Fábrica de Armas nun polo tecnolóxico único en Galicia. E o pasado xoves,

25 de xuño, aprobouse no Consello da Xunta, unha achega de 4,82 millóns de euros ao

ao proxecto do primeiro dos edificios da Cidade das TIC, o Centro de Fabricación

Avanzada, que entrará en funcionamento nun prazo de dous anos logo de que o Concello

da Coruña habilite e urbanice os accesos.

O proxecto inclúe un parque empresarial, infraestruturas de servizos e investigación compartida e centros tecnolóxicos TIC. Os contidos iniciais da Cidade das TIC pasan pola dinamización da infraestrutura actual dun centro de fabricación avanzada, unha instalación na Fábrica de Armas de 4.000 metros cadrados que reúna servizos de alto valor engadido, que actualmente non están dispoñibles de forma sinxela e accesible a todas as empresas do ecosistema de Galicia, tanto a nivel tecnolóxico como industrial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta