Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 16:24
A FGAMT-CIG de Pontevedra acusa a Xunta de neglixencia en relación co brote de Covid-19 rexistrado na factoría de Avícola de Galicia (Avigal) en Cambados. A central sindical asegura que "ten indicios de que tanto a empresa como a Administración coñecían hai tempo a existencia de positivos, a pesar do cal se continuou traballando".
Por parte da federación de Alimentación da CIG sosteñen que o contaxio en Avigal é consecuencia da "permisividade" e a "falta de control" coa que, asegura, a Xunta favorece a grandes empresas. Neste sentido, pregúntanse se o Goberno galego "pretende facer en certas empresas o mesmo que fixo nas residencias de maiores, nas que censurou información sobre os contaxios".
Segundo indicou a CIG, tanto a empresa como a Xunta coñecían hai máis de 15 días a existencia de positivos por Covid-19 en Avigal, a pesar do cal se mantivo a actividade produtiva. A central sindical pregúntase "por que os ocultaron e non se tomaron as medidas pertinentes?".
A CIG tamén critica que se pretenda agora "culpar os traballadores" do acontecido en relación a comentarios relativos a que os contaxios se produciron "porque os afectados quitaron as máscaras na zona de descanso".
Para a CIG resulta incomprensible que uns poucos casos iniciais derivasen nun brote desta dimensión. "Onde están os famosos rastrexadores da Xunta?", preguntan. Á vez que tamén cuestionan por que a empresa non fose intervida tendo en conta o nivel de contagios. A central sindical tamén solicita aclaracións acerca das medidas de seguridade e desinfección aplicadas na empresa.
XORNADAS ILEGAIS
A CIG asegura que Avigal "é unha empresa coñecida por incumprir a legalidade laboral", motivo polo que xa foi denunciada con anterioridade por esta central sindical ante a Inspección de Traballo.
En concreto, por obrigar a traballar ao persoal eventual seis días á semana "coa promesa de que no futuro terían días libres", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.