Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 11:43
Os Colexios de Odontólogos e Estomatólogos de Galicia ofrecen o seu apoio aos afectados pola quebra da empresa Dentix, á vez que reclaman ás administracións que regulen a publicidade relativa a servizos sanitarios para evitar que se produzan anuncios e reclamos "enganosos".
Nun comunicado emitido este xoves, os odontólogos galegos mostran a súa disposición a colaborar cos afectados "co principal obxectivo de defender os seus dereitos" ante o impacto da "complexa crise santiaria" provocada pola quebra desta empresa.
Neste sentido, os colexios apuntan á apertura dunha canle de comunciación co Instituto Galego de Consumo e outras institucións autonómicas para ofrecer "unha resposta adecuada" ante esta situación.
Ademais, os odontólogos consideran que esta nova quebra no sector evidencia "a necesidade de que sexan os profesionais os únicos propietarios das clínicas dentais". Por último, reclaman ás administracións que regulen a existencia de "publicidade enganosa e denigrante" que se produce en servizos sanitairos e que carrexa "graves prexuízos" sobre a saúde oral e xeneral dos cidadáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.