Detido un home cando circulaba con 6 toneladas de sardiña pola AP- 9 de madrugada

O peixe foi incautado por carecer da documentación obrigatoria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2020 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil, nun operativo conxunto co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia, incautouse de 6 toneladas de sardiñas que eran transportadas ilegalmente pola autoestrada AP-9 e que carecían da documentación acreditativa da súa rastrexabilidade.

Segundo informou a Benemérita, a incautación produciuse na madrugada do pasado mércores, durante un control na autoestrada AP-9, e despois de que o dispositivo de vixilancia detectase unha descarga de peixe no peirao de Portonovo (Pontevedra). O peixe descargado foi introducido nun camión sen pasar pola lonxa.

Momentos máis tarde, o vehículo foi localizado na área de descanso da autoestrada, á altura de Figueirido. Ao inspeccionar a carga, os axentes comprobaron que levaba 361 caixas de sardiñas, sen ningún tipo de guía de circulación nin documento que acreditase a súa procedencia e rastrexabilidade.

Os efectivos do Servizo de Gardacostas fixéronse cargo da instrución das denuncias correspondentes polas infraccións observadas, e o peixe foi intervido. En total, as caixas contiñan case 6.000 quilos de sardiñas, que foron entregadas ao Banco de Alimentos de Pontevedra.

Nota De Prensa. GARDA CIVIL
Nota De Prensa. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta