Brincadeiras nas redes sociais tras un novo erro de localización dun concello galego en Telecinco

Situaron Verín na provincia de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/10/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Un novo erro na rotulación dun informativo de Telecinco situou a localidade de Verín, en Ourense, na provincia de Pontevedra. Un erro que fixo que as redes sociais e as mensaxes en whatssap ferveran este domingo.

Informativos Telecinco sitúa a localidade de Verín en Pontevedra
Informativos Telecinco sitúa a localidade de Verín en Pontevedra

Non é a primeira vez que as grandes cadeas españolas confunden os topónimos ou símbolos galegos. Hai unhas semanas tamén nun informativo de La Sexta confundiron a bandeira galega coa catalana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta