Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 14:00
A Consellería de Política Social informou da detección de 61 novos positivos, 57 maiores e catro traballadores, na residencia Nosa Señora das Milagres de Barbadás (Ourense), que acumula xa un total de 67 casos activos de COVID-19.
A maiores, rexistrouse un gromo con outro nove positivos, sete deles anciáns, no centro Santa Olalla de Boqueixón (A Coruña).
Así consta no parte diario emitido por Política Social, con datos actualizados a última hora deste sábado, no que se informa de que nas residencias de Galicia hai 261 usuarios e 151 traballadores con coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.