Reunión de Alfonso Rueda con representantes de vivendas turísticas e balnearios de Galicia

Rueda compromoteuse con seguir colaborando no cumprimento da lexislación vixente por parte dos propietarios das vivendas turísticas co obxectivo de reforzar a imaxe de Galicia como un destino seguro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, continuou este xoves coa rolda de contactos con representantes do sector turístico para avaliar posibles liñas de colaboración destinadas a reactivar o turismo galego e paliar as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria da covid-19.

En concreto, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo senllos encontros de traballo para escoitar as demandas da Asociación de Balnearios de Galicia e da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).

Por unha banda, reuniuse co xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, e representantes da entidade, aos que trasladou o compromiso da Xunta co turismo de benestar e saúde, que está a contribuír a reactivar a oferta termal galega.

Por outra banda, o vicepresidente primeiro da Xunta recibiu á presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, Dulcinea Aguín, e ao vicepresidente da organización, Rafael Serrano. A Xunta e Aviturga avaliaron opcións para seguir colaborando no cumprimento da lexislación vixente por parte dos propietarios desta tipoloxía de aloxamento co obxectivo de reforzar a imaxe de Galicia como un destino seguro, fiable e confiable.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha videoconferencia. XUNTA - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha videoconferencia. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta